Xogos e deportes

Pasatempos de baloncesto: Sopa de letras (sopa de letras.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

Buscando o mellor xeito de que o meu alumnado aprendera o vocabulario básico que se emprega en baloncesto, e tamén para que os que algún día no poden realizar actividade física tiveran algunha alternativa, naceu a idea de facer esta sopa de letras.

Pódese modificar de cara a facela máis pequena ou máis grande ou ben reducir ou ampliar o número de palabras. O obxectivo é que fixen a atención e repitan os termos que teñen que buscar ata que os atopen.

Unha idea para o uso desta sopa de letras é incluila como unha proba dentro dun circuito de pistas, sempre que tivéramos traballado nese curso a unidade didáctica de baloncesto. O alumnado está motivado, o traballo é en grupo e todos se animan e axudan entre si e acaban resolvéndoa sen problemas.

Solucionario ao exame teórico de baloncesto II (solucionario exame 2.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Ofrezo as solucións ao exame de baloncesto II como unha axuda para a súa corrección.

Neste exame hai moitas preguntas que non teñen unha única resposta correcta, polo que cada profesor e profesora deberá considerar esas respostas, xa que poden ser distintas das que eu facilito e ser igualmente correctas.

Exame teórico de baloncesto II (exame2.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Este exame é máis complexo que o exame de baloncesto I.

Segundo o nivel no que se traballara a unidade didáctica de baloncesto, servirá como complemento ao exame I ou ben, se o profesor ou profesora considera que os contidos mínimos están acadados, como un exame único.

Como aparecen fotos ou debuxos dos xestos dos árbitros, o profesor ou profesora terá que estar disposto a executar aqueles xestos nos que o alumnado teña dúbida, posto que os xestos son dinámicos mentres que as fotos ou debuxos son estáticos e ás veces non están moi claros.

Solucionario ao exame de baloncesto I (solucionarioexame1.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Co gallo de facilitar o labor de corrección do exame, neste arquivo atoparedes as solucións.

No caso en que hai que poñer exemplos, eu inclúo un posible, sabendo que hai moitos outros que tamén son correctos.

Ao remate, o criterio de cada profesor e profesora é importante á hora de correxir aquelas preguntas que son abertas e non teñen unha única resposta.

Exame teórico de baloncesto 1 (exame1.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Para unha mellor práctica do baloncesto, hai que pararse e reflexionar sobre a súa teoría.

Dentro desa teoría entra o coñecemento do regulamento a un nivel de iniciación.

O obxectivo desta proba é que saibamos se o noso alumnado ten claros os aspectos máis relevantes do regulamento de baloncesto, que lle van a axudar a unha mellor práctica do mesmo.

Circuito de baloncesto nivel avanzado (circuito2.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas prácticas
Se na vosa aula tedes alumnado que é máis habilidoso co balón de baloncesto ou xa non é a primeira vez que traballades esta unidade didáctica, podedes propoñer un circuito de habilidades básicas un pouco máis complexo, seguro que se divertirán e poñerán e suporá un reto persoal poder avanzar correndo mentres pasan o balón entre as pernas, ou conseguir canastra despois dunha entrada con reverso.

Igual que sucede co circuito de iniciación, este deseño pódese usar para traballalo por grupos e en estacións, e tamén serve de exame práctico.

Ainda que os exercicios están definidos, sempre deberá haber un espazo para a creatividade, onde cada alumno e alumna poda crear os seus propios pases, botes, tiros ou entradas a canastra.

Circuito de baloncesto nivel de iniciación (circuito1.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas prácticas
En este arquivo atoparedes o deseño dun circuito que o alumnado terá que ser capaz de realizar individualmente ou con axuda doutros alumnos. Recolle habilidades básicas como botar, entrar a canastra, pasar ou tirar. O profesorado pode usalo como un traballo de clase por grupos de 3 ou 4 alumnos e pasando por tantas estacións como actividades se plantexan no circuito. Tamén o circuito pode servir como exame práctico das habilidades básicas que o alumnado debería ter adquirido ao remate desta unidade didáctica de baloncesto.

Xestos dos arbitros de baloncesto (xestos dos árbitros.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

Os xestos dos árbitros de baloncesto teñen a fución de interpretar o que sucede no xogo e comunicalo a través duns sinais que están estandarizados e que, polo tanto, poden ser entendidos por calquera persoa, xa sexa xogador ou xogadora, entrenador, espectador ou comentarista.

Neste documento non están todos os xestos pero si os máis importantes de cara a poder entender a linguaxe deste deporte. O coñecemento dos xestos tamén axudará ao nos alumnado a recordar o regulamento de baloncesto.

Regulamento de baloncesto (regulamento.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

Neste arquivo poderedes atopar unha introducción ao regulamento de baloncesto.

Recolle os apectos do regulamento máis importantes de cara a poder practicar este deporte, sabendo cales son as normas que hai que respectar.

Na medida en que vaian xurdindo dúbidas no xogo, o profesor ou profesora poderá ir respondendo a esas dúbidas e ir ampliando este regulamento.

baloncesto

Xogos e deportes

BaloncestoO baloncesto é un deporte que está totalmente integrado no curriculum da Educación Física e mesmo na sociedade.

Hai que destacar, sen dúbida, o apoio que ao baloncesto escolar vén dando a Federación Española de Baloncesto e, aquí en Galicia, a Federación Galega de Baloncesto, a través do seu programa escolar "Baloncesto 3x3", que empezou a funcionar hai uns poucos anos, e que foi conseguindo que cada vez máis centros educativos colaboraran no desenvolvemento deste programa. Desde o meu punto de vista, en tanto que docente participante neste programa desde o seus comezos,  pretendía ser unha aposta polo baloncesto de base, tendo como espello e referente a importancia que cada vez máis lle están a dar os medios de comunicación a determinados xogadores de baloncesto e ao deporte en xeral.

Valores como o traballo en equipo, o coñecemento e respecto ás reglas como aspecto importante para o bo desenvolvemento do xogo, o afán de superación persoal sempre primando o interese do xogo conxunto, a participación do alumnado respectando as características de cada un...son aspectos que se traballan desde este deporte.

Ver como o alumnado vai progresando desde non saber practicamente botar ou colocarse correctamente para tirar a canastra, ata formar os seus propios equipos para xogar nos recreos ou participar en torneos internos do centro ou nos de "baloncesto 3x3", vivindo cada partido e esforzándose ao máximo. Ver como se saúdan os xogadores de cada equipo ao remate do partido e as amistades que fan cada vez que imos a un torneo, compensan o tempo de traballo e os esforzos no ensino deste deporte.

Teño que dicir que eu xoguei a baloncesto durante moitos anos. Comecei con 8 anos grazas a ANPA do colexio onde eu estudiaba en Xixón (Asturies) que contratrou a un entrenador de baloncesto dúas tardes á semana, como actividade extraescolar. Despois decidín convertirme en entrenadora de equipos de minibaloncesto, cando xa estaba no instituto. O mesmo fixeron as miñas compañeiras de equipo e, realmente, foi unha época dourada, con moito público nos partidos e a ilusión posta en cada entrenamento e en cada partido.

Espero saber transmitir ao meu alumnado esa afección que vivín e que ainda comparto por este deporte.

(Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).

Fonte XML