Xogos e deportes

regulamento de bádminton partidos dobres e mixtos (regulamento dobres e mixto.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

Neste arquivo atoparedes unha introducción ao regulamento de bádminton na súa modalidade de dobres masculino, dobres femenino e dobres mixto.

O regulamento de bádminton dobres pode resultar un pouco complicado ao principio, sobre todo no que refire ao saque, por iso neste arquivo atoparedes desenvolvidos casos prácticos, que espero podan servos de axuda.

Na medida que no xogo vaian xurdindo dúbidas haberá que recurrir ao regulamento completo para resolvelas, pero con estas pequenas normas xa se pode xogar ao bádminton dobres e mixtos.

regulamento de bádminton individual feminino (regulamento individual feminino.odt)

Xogos e deportes

Neste arquivo atoparedes unha introducción ao regulamento de bádminton na súa modalidade de individual feminino.

Na medida que no xogo vaian xurdindo dúbidas haberá que recurrir ao regulamento completo para resolvelas, pero con estas pequenas normas xa se pode xogar ao bádminton.

Enderezos de interese (enderezos de interese.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

Neste arquivo atoparedes algús enderezos de interese.

Estes enderezos son, nalgúns casos as fontes de información para a elaboración de regulamentos, xestos dos árbitros ou mesmo imaxes.

Noutros casos poderedes atopar unidades didácticas de balonmán aplicables ás aulas ou ben actividades soltas, que se poden adaptar ás unidades elaboradas por cada un de nós.

Espero que esta páxina se vaia enchendo na medida en que vaia atopando máis páxinas de interese e que vós me mandedes tamén información que queirades compartir.

Solucionario do exame de balonmán II (solucionario ao exame 2.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Co gallo de facilitar o traballo de corrección desta proba, neste arquivo poderedes atopar unha das solucións ás preguntas plantexadas.

Posto que esta proba teórica ten preguntas abertas, onde cada alumna e alumno poden ter distintas respostas e ser todas correctas, o profesor ou profesora ten que entender a solución que eu plantexo como unha máis das posibles.

Se observades algún erro, por favor facédemo saber mandándome un correo.

Solucionario do exame de balonmán I (solucionario ao exame 1.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Co gallo de facilitar o traballo de corrección desta proba, neste arquivo poderedes atopar as solucións ás preguntas plantexadas.

Se observades algún erro, por favor facédemo saber mandándome un correo.

Exame teórico de balonmán II (exame de balonmán 2.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Este é unha proba escrita sobre aspectos teóricos do balonmán un pouco máis complexos.

O alumnado necesitará coñecer os xestos básicos que empregan os árbitros nos partidos e reflexionar sobre o significado dos mesmos, de tal xeito que teñen que ser capaces de poñer exemplos de situaciones do xogo nas que o árbitro ten que facer ese xesto.

Como vedes, esta proba teórica pode complementar ao exame de balonmán 1 ou ben ir destinada a un alumnado de máis edade ou que non é a primeira vez que traballa esta unidade didáctica nas clases de Educación Física.

Exame teórico de balonmán I (exame de balonmán 1.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Neste arquivo atoparás unha sinxela proba escrita para comprobar se o alumnado coñece os aspectos básicos sobre regulamento de balonmán.

A importancia deste tipo de probas é que nós, as profesoras e profesores, saibamos se os aspectos teóricos fundamentais deste deporte están correctamente asimilados polo noso alumnado e poder correxir aqueles que son erróneos.

Xestos dos árbitros de balonmán (xestos dos arbitros.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

A linguaxe xestual dos árbitros en balonmán serve para comunicarse entre eles, cos anotadores, cos xogadores e entrenadores, que coñecen eses xestos e os interpretan.

É conveniente que o noso alumnado coñece algúns deses xestos, para que poda comprender o que sucede nun partido de balonmán cando o ve ou cando o xoga.

Regulamento de iniciación ao balonmán (regulamento.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

O balonmán é un deporte que ten unhas reglas que hai que coñecer para poder xogar.

Este regulamento que vos presento pretende ser unha síntese de aqueles aspectos máis importantes a ensinar ao noso alumnado, co gallo de que se inicie neste deporte.

Na medida en que vaian xurdindo dúbidas ao longo do xogo, pódese ir explicando máis aspectos do regulamento.

Solucionario ao pasatempo de baloncesto "sopa de letras" (solucion sopa de letras.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Para facilitar a corrección deste pasatempo, aquí poderedes atopar as palabras que se propoñen ao alumnado para que as atopen na sopa de letras.

Fonte XML