Xogos e deportes

equipo masculino de 1º

Xogos e deportes | competicións externas | baloncesto 3x3
equipo masculino de 1º

De pé Jorge e Jacobo e anicados Cibrán e Miguel (de esquerda a dereita) representaron ao instituto no torneo de baloncesto 3x3 na categoría infantil masculina.

baloncesto 3x3

Xogos e deportes

Baloncesto 3x3O baloncesto 3x3 (dous equipos de 3 xogadores /as cada un) é unha variante do baloncesto tradicional (5x5 ou cinco xogadores contra cinco xogadores) e que tivo e ten moita aceptación entre o alumnado.

Cando recibín a primeira carta da Federación Española de Baloncesto (FEB), xa hai uns anos, presentando esta modalidade de baloncesto, pareceume que podería introducila nas miñas clases, dentro da Unidade Didáctica de baloncesto de cara a cumplir varios obxectivos:

  • favorecer a participación no xogo de todos os membros do equipo, xa que na cancha hai 3 xogadores por cada equipo;
  • primar a adquisición de habilidades básicas como botar, tirar, pasar, fintar, driblar...posto que se xoga só en media cancha;
  • introducir ao alumnado no regulamento básico de baloncesto como pasos, dobres, zona, faltas persoais...
  • desenvolver un xogo limpo, con coñecemento e respecto ás normas, tendo en conta que son os propios xogadores os que teñen que indicar as infraccións ao regulamento;
  • optimizar o espazo que temos nos ximnasios e/ou na/s cancha/s exterior/es posto que poden xogar á vez dous equipos en cada canastra.

A todo o anterior hai que engadir que a FEB ofertaba poder participar nun encontro de equipos de baloncesto 3x3, por categorías, e a entrega gratuita de material de apoio para as clases. Este material inclúe balóns, redes portabalóns, marcadores, fichas con exercicios e un video de presentación tendo como protagonistas aos xogadores da Selección Española de Baloncesto. Tamén na páxina web da FEB creouse unha sección adicada ás novas sobre esta modalidade escolar do baloncesto, o cal servía de axuda e tamén animaba ao alumnado a empregar as novas tecnoloxías no ámbito da Educación Física.

No meu instituto participamos todos os anos neste torneo amistoso e, previamente, traballamos o deporte nas clases e organizamos un torneo interno por categorías, o que facilitou a participación de gran parte do alumnado.

De seguido facilito o material elaborado por min tendo como apoio o enviado desde a FEB e que espero vos sirva de axuda se queredes traballar esta modalidade de baloncesto co voso alumnado.

(Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org). 

acta dun partido de bádminton dobres ou mixto (acta dobres e mixto.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de acta que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir levando o cómputo dos puntos en cada xogo, que xogador ou xogadora da parella ten que sacar e desde onde, e o resultado final.

Por outro lado tamén se pode empregar para que o alumnado, á vista da acta, relate o sucedido no partido.

Por último para o alumnado é un instrumento de avalición práctica, posto que terán que saber cubrila mentres o partido de bádminton vai discurrindo.

É recomendable que cada alumno ou alumna cubra a súa acta, ainda que a parella que está anotando poda ir cotexando entre si cadansúa actas.

acta dun partido de bádminton individuais (acta de bádminton individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de acta que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir levando o cómputo dos puntos en cada xogo e o resultado final.

Por outro lado tamén se pode empregar para que o alumnado, á vista da acta, relate o sucedido no partido.

Por último para o alumnado é un instrumento de avalición práctica, posto que terán que saber cubrila mentres o partido de bádminton vai discurrindo.

Plantiña de observación dun partido de balonmán (plantiña de observacion.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de plantiña de observación que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir anotando as incidencias nun partido, é dicir, como instrumento de observación tanto dos equipos como de cada xogador ou xogadora.

Por outro lado tamén se pode empregar para que se recolla as incidencias e o resultado en partidos de competición interna no instituto.

Por último para o alumnado é un instrumento de avalición práctica, posto que terán que saber cubrila mentres o partido de balonmán vai discurrindo.

Acta de baloncesto (acta dun partido de baloncesto.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de acta que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir anotando as incidencias nun partido, é dicir, como instrumento de observación tanto dos equipos como de cada xogador ou xogadora.

Por outro lado tamén se pode empregar para que se recolla as incidencias e o resultado en partidos de competición interna no instituto.

Por último para o alumnado é un instrumento para lembrar o regulamento, incluindo os xestos do árbitro, que terán que coñecer e interpretar para reflexalos na acta.

solucionario exame bádminton dobres e mixto (solucionario exame dobres e mixto.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Co gallo de facilitar a corrección das probas teóricas, facilito a proba resolta.

Esta modalidade de bádminton é máis complexa que a individual, por iso é moi importante que o alumnado sexa capaz de visualizar o partido, o campo, as posicións...entenda, en definitiva, o regulamento de xogo para poder aplicalo correctamente.

É moi importante neste tipo de probas, poder reflexionar sobre as respostas incorrectas, para que o alumnado entenda onde está o erro e non o volva cometer.

solucionario exame teórico de bádminton individual (solucionario exame individual.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Co gallo de facilitar a corrección das probas teóricas, facilito a proba resolta.

É moi importante neste tipo de probas, poder reflexionar sobre as respostas incorrectas, para que o alumnado entenda onde está o erro e non o volva cometer.

exame teórico de bádminton dobres e mixto (exame de dobres e mixto.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Propoño unha proba teórica para comprobar o grao de entendemento do regulamento de bádminton na modalidade de dobres e mixto.

Posto que esta modalidade do bádminton é en parellas, ben masculinas, femininas ou mixtas, este exame pódese realizar en parellas ou ben individualmente pero despois cotexándoo coa parella. Deste xeito penso que se favorece que se poñan de acordo antes de xogar xuntos ou xuntas os partidos de bádminton.

O obxectivo desta proba é que o alumnado reflexione sobre esta modalidade de bádminton, recoñeza os seus erros e os corrixa de cara a poder aplicar correctamente o regulamento no xogo real.

exame teórico de bádminton individual (exame de bádminton individual.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Propoño unha proba teórica para comprobar o grao de entendemento do regulamento de bádminton na modalidade de individual feminino e masculino.

O obxectivo desta proba é que o alumnado reflexione sobre esta modalidade de bádminton, recoñeza os seus erros e os corrixa de cara a poder aplicar correctamente o regulamento no xogo real.

Fonte XML