Xogos e deportes

proba teórica 1 de tenis de mesa individuais (exame 1 tenis de mesa individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Esta proba teórica sobre aspectos do regulamento do tenis de mesa na súa modalidade de individuais está pensada para que o alumnado a resolva individualmente e que lles sirva com reflexión sobre aqueles aspectos do regulamento que deben saber de cara a poder xogar dun xeito fluido e respectando as normas do xogo.

Esta proba é tipo test, con tres posibles opcións en cada pregunta e unha soa resposta correcta. É unha proba sinxela, de rápida resposta e corrección e penso que motivadora para o alumnado, posto que o resultado sempre é moi positivo.

O profesorado deberá interpretar os resultados desta proba de cara a correxir posibles aspectos do regulamento que o alumnado non teña claros, de tal xeito que a parte práctica da unidade didáctica se poda desenvolver correctamente, sen discusións estériles debidas a un mal coñecemento das reglas deste deporte.

regulamento de tenis de mesa dobres (regulameto tenis de mesa dobres.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos

O regulamento de tenis de mesa na súa modalidade de dobres que vos presento aquí comprobaredes que é moi reducido, pero cumpre a función de iniciar ao alumnado neste deporte de habilidade e estratexia.

 É conveniente que, antes de comezar a xogar a modalidade de dobres, saiban xogar individualmente. Hai aspectos do regulamento de individuais e dobres que son coincidentes plenamente e que poden axudar ao alumnado para centrar a atención nos aspectos específicos desta nova modalidade de tenis de mesa, especialmente o saque, a orde no xogo entre os membros da parella e a colocación, quizáis os aspectos novedosos máis complicados de asimilar.

Tamén podedes empregalo como regulamento das competicións internas poidendo modificar o sistema de puntuación, debido a que nos recreos o tempo é limitado e non é conveniente que queden xogos á metade. Unha alternativa, nestes casos, sería un un único xogo, cambiar de lado de mesa cando leven a metade do tempo, e dar por gañador a aquela parella que máis puntos obteña, cunha diferenza de 2 puntos.

regulamento de tenis de mesa individuais (regulamento tenis de mesa individuais.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos

O regulamento de tenis de mesa na súa modalidade de individuais que vos presento aquí comprobaredes que é moi reducido, pero cumpre a función de iniciar ao alumnado neste deporte de habilidade e estratexia.

Tamén podedes empregalo como regulamento das competicións internas poidendo modificar o sistema de puntuación, debido a que nos recreos o tempo é limitado e non é conveniente que queden xogos á metade. Unha alternativa, nestes casos, sería un un único xogo, cambiar de lado de mesa cando leven a metade do tempo, e dar por gañador a aquel xogador que máis puntos obteña, cunha diferenza de 2 puntos.

Solucionario á proba teórica sobre o video de baloncesto 3x3 (solucionario test video baloncesto 3x3.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Neste arquivo atoparedes as solucións ás preguntas que se plantexan no cuestionario sobre o video de baloncesto 3x3.

O profesorado non debería atopar error nas respostas do seu alumnado a este cuestionario e, no caso de que as haxa, terá que reflexionar co alumnado sobre o visionado no video para centrar a súa atención e correxir os erros.

Proba teórica sobre o video de baloncesto 3x3 (test video baloncesto 3x3.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Aquelas profesoras e profesores que traballaran nas súas clases durante estes cursos pasados a modalidade de baloncesto 3x3, irían recibindo cada curso material de apoio para organizar as súas clases.

Un dos materiais ofrecidos hai dous cursos foi un video de presentación do baloncesto 3x3 onde se misturaban aspectos de regulamento, de técnica e situacións de xogo real.

Os medios adiovisuais son moi atraintes para o alumnado e centran a súa atención, sen que isto supoña que suplan o papel clarificador ou de insistencia en determinados aspectos que ten que cumplir o profesorado.

Esta actividade teórica cumple a función de facer fincapé naqueles aspectos nucleares que presenta o video e que o alumnado ten que ter claros ao remate da súa visión.

Pode ser conveniente que teñan o cuestionario antes de ver o video e, deste xeito, non se xenera ansiedade e se centra a atención nos aspectos que son importantes, deixando que poda disfrutar daqueles máis vistosos e que atraen a súa atención.

Solucionario á proba das diferenzas entre baloncesto e baloncesto 3x3 (solucion diferenzas baloncesto e baloncesto 3x3.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

De novo intento facilitar ao profesorado o seu labor de corrección das actividades escritas, sabendo que algunhas das respostas poden cambiar por ser abertas, pero a meirande parte son as respostas exactas.

En base ás respostas do alumnado, o profesor ou profesora saberá en que aspectos debe incidir para cumplir o obxectivo de que coñezan correctamen as reglas destes deporte e así podan aplicalas, tanto nas clases como nos torneos internos e externos ao centro.

Proba sobre as diferenzas entre baloncesto e baloncesto 3x3 (diferenzas baloncesto e baloncesto 3x3.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

É importante que o alumnado coñeza e saiba distinguir o que de común e de diferente teñen o baloncesto e o baloncesto 3x3, na teoría e na práctica.

Este é o obxectivo que quere cumplir esta actividade que, desde o meu punto de vista, non debe ser empregada en situación de exame, senón como reflexión sobre os regulamentos dos dous deportes de cara a que o alumnado os entenda e, deste xeito, poda aplicalos correctamente en cada situación.

solucionario do exame teórico de baloncesto 3x3 (solucionario exame teórico baloncesto 3x3.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

A intención deste arquivo é favorecer a rápida corrección do exame teórico sobre o regulamento de baloncesto 3x3.

Unha vez correxidos os exames teóricos, o profesor ou profesora ten que detectar os aspectos sobre os que hai dúbidas para incidir sobre eles e que o alumnado teña un correcto coñecemento do regulamento.

Exame teórico de baloncesto 3x3 (exame teórico baloncesto 3x3.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Esta é unha proba escrita para comprobar que o alumnado sabe, entende e sabe aplicar o regulamento desta modalidade de baloncesto.

Unha vez teño que insistir en que este tipo de probas serven para correxir erros que o alumnado poda ter no seu proceso de aprendizaxe e de cara a modificar ou insistir naqueles aspectos que podan axudar a correxilos.

regulamento de baloncesto 3x3 (regulamento.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

Este regulamento está recollido do material enviado pola Federación Española de Baloncesto durante estes cursos pasados co gallo de intentar achegar a práctica do baloncesto aos centros de ensino.

O regulamento de baloncesto 3x3 foi sufrindo modificacións, que aparecen reflectidas e que responden á necesidade de facer desta modalidade de baloncesto un deporte áxil, no que non haxa demasiadas interrupcións para que o tempo de xogo se aproveite ao máximo, pero tamén tendo en conta que hai que respectar as normas do xogo.

Recoñeceredes que as normas básicas son as mesmas que no baloncesto 5 contra cinco, adaptadas ao terreo de xogo e ao número de xogadores e sempre coa intención de que o xogo discurra polo camiño das boas maneiras e a deportividade.

Son poucas normas pero moi claras e serven de referente para o coñecemento que tamén teñen que ter do baloncesto.

Fonte XML