Xogos e deportes

floorball

Xogos e deportes | torneos internos

FloorballCorría o ano 1995, xa hai máis de 10 anos, e empezaba o meu cuarto curso como profesora de Educación Física. Concursei e fun con destino definitivo para o IES de Noia, actualmente chamado IES "Campo de San Alberte". Alí tiven de compañeiro de seminario a Chus que acababa de aprobar as oposicións e estaba de funcionario en prácticas. Foi el quen me introducíu no floorball como deporte alternativo, e foi neste instituto onde adquirín o primeiro equipamento para que o alumnado poidera practicar este motivador deporte.

Posteriormente tamén introducín o floorball no IES Compostela e no IES de Esparís, onde ten moita aceptación entre o alumnado.

Quizáis o que diferenza este deporte colectivo de outros é que ao ser novedoso e non existir clubes ou asociacións que practiquen en exclusiva este deporte, parece que todos os alumnos e alumnas parten do mesmo punto para a súa aprendizaxe, e ademáis é un deporte onde se integran perfectamente as chicas e os chicos.

Alguén pode pensar que, debido ao material que se usa, pode ser un deporte perigoso. Certamente toda actividade física e especialmente todo deporte e sobre todo se é de equipo e de oposición, leva consigo un risco...especialmente se non se respetan as normas e se o material e/ou as instalacións non están en bo estado. O feito de que se comproben os bastóns cada vez que se empeza a actividade de floorball e que se respeten as normas e que se poidan usar proteccións no caso dos/as porteiros/as (ou ben xoguen con bastón, que é o que fago eu habitualmente) fai que o floorball sexa un deporte seguro, ainda que sempre pode haber algún accidente.

Nos anos que levo traballando o floorball co alumnado nas clases de Educación Física, vexo que a motivación e o nivel de traballo e de esforzo son moi altos. Resulta un deporte perfectamente válido para traballar a condición física, fundamentalmente a resistencia e a velocidade. A técnica específica do floorball non se pode traballar demasiado debido ao número reducido de sesións e da táctica vaise falando sobre a marcha, porque o número de xogadores/as por equipo é reducido e a velocidade do xogo fai que todos teñan que atacar e todos teñan que defender, ainda que xa entre eles van distribuíndo algúns roles (de feito sempre hai quen se queda máis atrás, para defender e quen prefire ir sempre a atacar).

Nesta páxina sobre floorball atoparedes unha proposta de regulamento que segue en moitas cousas o regulamento da Asociación Española de Floorball ou Unihockey, pero que se pode adaptar segundo as instalacións, se se xoga nun espazo cuberto ou non, con ou sen patíns, número de xogadores/as por equipo, etc. e tamén atoparedes probas teóricas e prácticas, videos informativos sobre este deporte e enlaces de interese onde poderedes ver sesións específicas con exercicios e circuitos a realizar nas clases de Educación Física.

Espero que, se non tedes traballado o floorball nas vosas clases, vos animedes a facelo sabendo que, para que os alumnos e as alumnas disfruten deste deporte como de calquera outro, deben respetar as normas, xogar en equipo e intentar esforzarse o máximo posible. Pódovos asegurar que vos pedirán curso tras curso poder practicar o floorball nas clases, que se organicen torneos nos recreos ou que haxa un espazo para poder practicalo. E, como sabedes, o interese e a motivación do alumnado sempre hai que aproveitalo, non opinades o mesmo?

(Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).

enderezos de interese sobre tenis de mesa (enderezos de interese.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes
Neste arquivo ofrézovos unha escolma daqueles enderezos de interese sobre diversos aspectos do tenis de mesa que podedes atopar en internet.

A búsqueda non é moi exhaustiva e responde a criterios prácticos, de aquela información que pode ser de interese para as clases de Educación Física.

Se coñecedes algún enderezo que se poda incluír neste arquivo, non dubidedes en poñervos en contacto comigo e mandarmo

solucionario á proba teórica 2 de tenis de mesa dobres (solucionario exame 2 de tenis de mesa dobres.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

De cara a facilitar a correción da proba teórica número 2 de tenis de mesa dobres, neste arquivo ofrezo as respostas correctas ao cuestionario.

Algunhas das preguntas teñen máis dunha resposta correcta, polo que si non coinciden coas redactadas por min será o profesor ou profesora quen deberá valorar se a resposta é ou non correcta.

É importante que o profesor ou profesora reflexione con cada alumno e alumna sobre aquelas preguntas que non responderon correctamente, para intentar aclarar aqueles aspectos do regulamento que o alumnado ainda non entende ben, de cara a mellorar e axilizar a práctica desta modalidade de tenis de mesa.

solucionario á proba teórica 1 de tenis de mesa dobres (solucionario exame 1 tenis de mesa dobres.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

De cara a facilitar a correción da proba teórica número 1 de tenis de mesa dobres, neste arquivo ofrezo as respostas correctas ao cuestionario.

É importante que o profesor ou profesora reflexione con cada alumno e alumna sobre aquelas preguntas que non responderon correctamente, para intentar aclarar aqueles aspectos do regulamento que non estean claros.

proba teórica 2 de tenis de mesa dobres (exame 2 de tenis de mesa dobres.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Neste arquivo atoparedes unha proba teórica sobre unha situación real de xogo hun partido de tenis de mesa na súa modalidade de dobres.

É conveniente que o profesor ou profesora solucione todas as dúbidas que lle plantexe o alumnado segundo vai lendo esta proba, posto que pode haber algún que teña máis problemas á hora de situarse nun suposto teórico.

O importante é que os aspectos máis complexos do regulamento de tenis de mesa estean claros e entendidos por parte do alumnado e se podan resolver todas as dúbidas que cada un poda ter de cara a unha mellor práctica.

Esta proba teórica pode poñerse a continuación da proba número 1 ou ailladamente, dependendo do criterio do profesor ou profesora.

proba teórica 1 de tenis de mesa dobres (exame 1 tenis de mesa dobres.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Neste arquivo atoparedes unha proba teórica moi sinxela sobre o regulamento de tenis de mesa na súa modalidade de dobres.

As preguntas son tipo test, con tres opcións de resposta e só unha correcta que o alumnado deberá identificar e sinalar.

Recomendo que se complemente esta proba coa número 2, onde o alumnado ten que situarse nun caso real de xogo e terá que ir contestando ás preguntas que se lle plantexan tendo en conta o regulamento da modalidade de dobres.

tenis de mesa

Xogos e deportes | torneos internos

Tenis de mesa

Cada vez máis os centros de ensino dispoñemos de material axeitado para a práctica de máis deportes.

Este é o caso do tenis de mesa. O material necesario non é barato e hai que ter un sitio onde poder gardar as mesas, pero se levamos varios cursos no mesmo centro de ensino e tamén se asume este deporte como unha actividade complementaria, que se pode xogar nos recreos e en torneos internos, ao cabo duns anos poderemos contar con material suficiente para a súa práctica nas clases de Educación Física.

O tenis de mesa ou ping-pong é un deporte que require habilidade e estratexia, un alto control do esquema corporal e doutras cualidades como a observación do contrario, a colocación con respecto á mesa de xogo, a forza, as dimensións do campo, etc.

Se falamos da modalidade de dobres entramos xa nos temas transversais presentes en todo currículum e tamén en Educación Física, como poden ser a coordenación entre a parella de xogo, o recoñecemento das cualidades de cada un e o uso delas para ter o mellor resultado posible no xogo, a aprendizaxe que supón gañar unhas veces e perder outras pero sempre esforzándose ao máximo...

Moitos dos nosos alumnos e alumnas que se inician nas nosas aulas neste deporte pensan ao principio que é "aburrido" e que non se teñen prácticamente que mover para darlle á pelota coa raqueta. Cando rematan a unidade didáctica e se lles propón participar nun torneo interno, ou se lles ofrece a posibilidade de xogar nos recreos, mudan a súa opinión e descubren que é un deporte divertido no que hai que moverse e ter un alto grao de coordenación.

Eu disfruto moito co tenis de mesa e é un deporte que traballo todos os cursos do ensino secundario obrigatorio, rematando en 4º de ESO  coa modalidade de dobres e penso que ao alumnado gústalle practicalo.

(Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).

solucionario á proba teórica 2 de tenis de mesa individuais (solucionario exame 2 tenis de mesa individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

De cara á facilitar ao profesorado a corrección desta proba teórica, ofrezo as solucións ás preguntas da proba.

Isto supón que o profesorado dispón de máis tempo para correxir os erros que cada alumno ou alumna poda ter e que deberá comentar con cada un despois da corrección da proba de cara a que quede claro o regulamento deste deporte.

solucionario á proba teórica 1 de tenis de mesa individuais (solucionario exame 1 tenis de mesa individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

De cara á facilitar ao profesorado a corrección desta proba teórica, ofrezo a proba feita correctamente.

Isto supón que o profesorado dispón de máis tempo para correxir os erros que cada alumno ou alumna poda ter e que deberá comentar con cada un despois da corrección da proba de cara a que quede claro o regulamento deste deporte.

proba teórica 2 de tenis de mesa individuais (exame 2 tenis de mesa individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Esta proba teórica sobre aspectos do regulamento do tenis de mesa na súa modalidade de individuais está pensada para que o alumnado a resolva individualmente e que lles sirva com reflexión sobre aqueles aspectos do regulamento que deben saber de cara a poder xogar dun xeito fluido e respectando as normas do xogo.

Esta proba é de respostas curtas e é o alumnado quen ten que contestar ante as preguntas que se lle plantexan.

O exame é similar á outra proba de tenis de mesa individuais coa variante de que agora é o alumnado quen ten que escribir a resposta.

O profesorado deberá interpretar os resultados desta proba de cara a correxir posibles aspectos do regulamento que o alumnado non teña claros, de tal xeito que a parte práctica da unidade didáctica se poda desenvolver correctamente, sen discusións estériles debidas a un mal coñecemento das reglas deste deporte.

Fonte XML