Xogos e deportes

regulamento do xogo da indiaca (regulamento indiaca.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos

Neste arquivo aparece unha proposta de regulamento do xogo da indiaca para a súa práctica nas clases de Educación Física.

Posto que éste é un xogo alternativo se poden establecer todas as modificacións ao regulamento que vos parezan oportunas, de tal xeito que podades adaptalo ás vosas instalacións, material, número de alumnos e alumnas, tempo adicado, etc.

Como un exemplo de adaptación deste regulamento e se o que queredes é que o xogo da indiaca vos sirva para introducir o voleibol, podedes variar o número de xogadores (desde 2 ata un máximo de 6 por equipo), o sistema de puntuación, a colocación dos xogadores...e todos aqueles aspectos que máis se aproximen ao deporte de voleibol.

Tamén, e dependendo do tipo de indiaca que empreguedes, na medida en que sexa menos pesada, podedes introducila nas vosas clases empregando palas ou raquetas para golpeala e de novo poderedes variar todos aqueles elementos que máis se aproximen ao deporte que queirades ensinar ao voso alumnado.

Polo tanto, ésta é unha proposta de regulamento do xogo da indiaca que responde aos obxectivos plantexados no meu centro e para o meu alumnado, que espero vos axude na vosa práctica introducindo as adaptacións necesarias en cada caso.

equipo masculino de 3º e 4º

Xogos e deportes | competicións externas | baloncesto 3x3
equipo masculino de 3º e 4º

De esquerda a dereita, John, Diego, César e Javier representaron ao intituto no torneo de baloncesto 3x3 celebrado en Santiago de Compostela en maio de 2004.

equipo feminino de 1º curso 2003-04

Xogos e deportes | competicións externas | baloncesto 3x3
equipo feminino de 1º curso 2003-04

Belén, Alba (de pé), Noa e Natalia representaron ao instituto no torneo de baloncesto 3x3 que se xogou en Santiago de Compostela en maio de 2004.

enderezos sobre floorball (enlaces floorball.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

Aquí atoparedes enderezos en internet para ampliar diversos aspectos sobre o floorball ou unihockey.

Exercicios prácticos de floorball, regulamentos, videos, libros, torneos...son algús dos contidos que hai nos enderezos que vos propoño e que, por suposto, podedes ampliar moitos máis buscando en internet.

Coma sempre, se atopades algún sitio de interese que non esté aquí, e xa sabedes que hai moitos, facédemo chegar por correo electrónico. Eu tamén tentarei ir ampliando este arquivo en función do que vaia atopando.

Este modelo de acta pode ter varias funcións:

acta de floorball (ACTA.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas prácticas

Este modelo de acta pode ter varias funcións:

  • servir de instrumento de observación para o profesor ou profesora;
  • servir de instrumento de observación para o alumnado, é dicir, mentres dous equipos xogan e o profesor ou profesora ou algún alumno arbitra, outros dous equipos ou persoas fan de observadoras e van anotando as distintas incidencias do partido;
  • como acta dos partidos xogados en campeonatos ou torneos internos (no caso de ser torneos externos, a acta poderíase simplicar).

O obxectivo destas actas, máis alá de reflectir un simple resultado, é comprobar o coñecemento do regulamento de xogo por parte dos alumnos ou alumnas que están anotando e o respecto dese mesmo regulamento por parte dos que están a xogar. Tamén lle sirve ao profesor ou profesora para poder revisalas na casa e comentar as incidencias do xogo co seu alumnado en sesións posteriores.

Un elemento que completaría estas actar é a gravación en video do partido, facendo unha posterior escolam o profesor ou profesora, para visionalo co alumnado e comentar o sucedido. Normalmente prodúcense debates interesante e sempre moi constructivos.

solucionario á proba teórica 2 de floorball (solucionario exame 2 floorball.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Ofrézovos as respostas correctas ás preguntas plantexadas nesta proba teórica sobre floorball.

Coma sempre, aquelas preguntas abertas que non teñen unha única resposta, deberedes valoralas en función do explicado e traballado nas vosas clases. Eu propoño unhas posibles respostas, pero non son as únicas.

E o máis importante é, como sabedes, debatir e discutir as repostas co voso alumnado e asegurarvos da boa comprensión do regulamento. O obxectivo, pois, non é dar unha calificación individual a cada alumno e alumna en función da "nota" desta proba, senón ampliar, modificar, aclarar todos aqueles aspectos necesarios para asegurar unha avaliación positiva do traballo desta unidade didáctica sobre o floorball.

solucionario á proba teórica 1 de floorball (solucionario exame 1 floorball.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | solucionarios

Ofrézovos as respostas correctas ás preguntas plantexadas nesta proba teórica sobre floorball.

Coma sempre, aquelas preguntas abertas que non teñen unha única resposta, deberedes valoralas en función do explicado e traballado nas vosas clases. Eu propoño unhas posibles respostas, pero non son as únicas.

E o máis importante é, como sabedes, debatir e discutir as repostas co voso alumnado e asegurarvos da boa comprensión do regulamento. O obxectivo, pois, non é dar unha calificación individual a cada alumno e alumna en función da "nota" desta proba, senón ampliar, modificar, aclarar todos aqueles aspectos necesarios para asegurar unha avaliación positiva do traballo desta unidade didáctica sobre o floorball.

proba teórica 2 sobre floorball (exame 2 floorball.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

De cara a comprobar a comprensión do alumnado sobre o regulamento de floorball, propónovos outra proba teórica.

Xa sabedes que o importante é ver cales son os fallos de cada un dos nosos alumnos e alumnas de cara a podelos falar e que, a súa boa comprensión, repercuta nunha mellor práctica deste divertido deporte.

A resolución desta proba pode ser individual ou colectiva, o criterio sempre é o do profesor ou profesora e segundo os obxectivos establecidos ao principio da unidade didáctica.

Espero que vos sirva e, xa sabedes, podedes facer todas as modificacións que vos parezan oportunadas para adaptalo ao voso xeito de traballar o floorball co voso alumnado.

proba teórica 1 sobre floorball (exame 1 floorball.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

De cara a comprobar a comprensión do alumnado sobre o regulamento de floorball, propónovos esta proba teórica.

Como xa teño dito noutras ocasións, o importante é ver cales son os fallos de cada un dos nosos alumnos e alumnas de cara a podelos falar e que, a súa boa comprensión, repercuta nunha mellor práctica deste divertido deporte.

Espero que vos sirva e, xa sabedes, podedes facer todas as modificacións que vos parezan oportunadas para adaptalo ó voso xeito de traballar o floorball co voso alumnado.

regulamento de floorball (REGLAS.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos

Este regulamento de floorball que vos propoño e que cada ano modifico, sempre pendente da Asociación Española de Floorball ou Unihockey e tamén de como o alumnado pon en práctica as novas normas, é precisamente iso, unha proposta aberta a que vós, nas vosas clases, podades adaptado e modificalo todo o que queirades.

Procurei que a súa presentación fora atractiva para o alumnado e é por iso que emprego moitos debuxos e hai pouco texto. As explicacións correrán a cargo do profesorado e tampouco hai que dalas todas xuntas, se non agardar a que xurdan situacións de dúbida no xogo e entón se poden ir introducindo novas normas ou ben complicando as xa coñecidas.

Como en todos os deportes e especialmente os de equipo, o coñecemento e cumplimento do regulamento de xogo é moi importante para estar todos e todas a practicar a mesma actividade e poder disfrutar dela, sen ter que discutir inútilmente sobre aspectos que xa están fixados previamente e que é necesario coñecer para disfrutar dese deporte.

Con ese ánimo, ofrézovos este regulamento. Que vós, profesores e profesoras, e o voso alumnado o disfrutedes.

Fonte XML