Xogos e deportes

futbol sala: 3ª xornada (xornada3 futbol sala.odt by cgf)

Xogos e deportes | torneos internos
Partidos a xogar na terceira xornada do torneo interno de futbol sala no IES Esparís.

futbol sala: 2ª xornada (xornada2 futbol sala.odt by cgf)

Xogos e deportes | torneos internos
Partidos a xogar na segunda xornada do torneo interno de futbol sala no IES Esparís.

clasificación torneo futbol sala (clasificacion futbol sala.odt by cgf)

Xogos e deportes | torneos internos
Neste arquivo atoparás a clasificación actualizada do torneo de futbol sala que se está a xogar no IES Esparís durante este curso 2006-2007. Os partidos gañados valen 3 puntos, os empatados 1 punto e os perdidos 0 puntos.

resultados xornada I de futbol sala (resultados xornada1 futbol sala.odt by cgf)

Xogos e deportes | torneos internos
Neste arquivo poderás ver os resultados dos partidos de futbol sala xogados na primeira xornada. Se observas algún erro nos resultados, faimo saber enviándo a "maniotas" un correo. Graciñas

baloncesto: Iª Xornada (xornada1 baloncesto.odt by cgf)

Xogos e deportes | torneos internos
Partidos a xogar na primeira xornada do torneo interno de baloncesto no IES Esparís.

equipos de baloncesto (equipos baloncesto.odt by cgf)

Xogos e deportes | torneos internos

Neste arquivo atoparedes os equipos formados polo alumnado do IES Esparís para participar no torneo interno organizado polo Seminario de Educación Física para este curso 2006-2007.

A participación é voluntaria e os partidos xóganse no tempo de recreo no ximnasio do instituto.

Calendario de partidos de futbol sala (futbol sala.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos

Neste arquivo podes atopar o nome e o curso dos equipos que participan no torneo interno de futbol sala que se celebra no IES de Esparís entre os días 19 e 23 de xuño.

Calendario de partidos de brilé (brilé.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos

Neste arquivo podes atopar o nome e o curso dos equipos que participan no torneo interno de brilé que se celebra no IES de Esparís entre os días 19 e 23 de xuño.

regulamento de bádminton partidos dobres e mixtos(formato pdf) (regulamento dobres e mixto.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

Neste arquivo atoparedes unha introducción ao regulamento de bádminton na súa modalidade de dobres masculino, dobres femenino e dobres mixto en formado pdf.

O regulamento de bádminton dobres pode resultar un pouco complicado ao principio, sobre todo no que refire ao saque, por iso neste arquivo atoparedes desenvolvidos casos prácticos, que espero podan servos de axuda.

Na medida que no xogo vaian xurdindo dúbidas haberá que recurrir ao regulamento completo para resolvelas, pero con estas pequenas normas xa se pode xogar ao bádminton dobres e mixtos.

indiaca

Xogos e deportes | torneos internos

A indiaca ofrécenos a posibilidade de ensinar ao noso alumnado un novo xogo cun elemento tamén novedoso para eles, que é precisamente a indiaca.

Indiaca

Varios son os obxectivos que persigo co traballo nas clases deste xogo recreativo, que tamén pode ser de competición se así o desexamos:

  • introducir o regulamento básico do bádminton, deporte que practicarán en cursos sucesivos;
  • traballar a condición física , especialmente a resistencia aeróbica e a velocidade de reacción;
  • desenvolver a coordinación óculo-manual;
  • mellorar a percepción espacial para ter sempre a mellor situación na pista de bádminton;
  • acadar transferencias positivas a deportes como o bádminton, as palas e o voleibol;
  • favorecer a coordinación coa parella e o traballo cooperativo;
  • traballar a lateralidade, de tal xeito que se favoreza o lado forte pero tamén o desenvolvemento do lado débil;
  • reforzar o respecto polas normas por riba do resultado.

Podedes engadir á lista anterior todos aqueles obxectivos que vos parezan axeitados e que vós mesmos traballades nas vosas clases co voso alumnado.

Fonte XML