Saídas dun día

Saídas dun día

visita ao centro "Quérote"

Saídas dun día
20/06/2007 - 08:45
20/06/2007 - 13:00
Etc/GMT+1

Dentro das actividades de titoría para 3º de ESO, está previsto para o mércores 20 de xuño unha visita ao centro "Quérote", centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade dependente da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela.

Podedes descargar a autorización para participar nesta actividade no seguinte arquivo e tamén obter máis información sobre o centro "quérote" na súa web:

aerobic e circuito de pistas en Tapia (2º ESO)

Saídas dun día
21/06/2007 - 07:45
21/06/2007 - 17:00
Etc/GMT+1

O Seminario de Educación Física organiza esta actividade para 2º de ESO, posto que o aeróbic e unha das actividades traballadas durante este trimestre e, aproveitando a saída, eleximos Tapia como un entorno novo para realizar o circuito de pistas previsto na programación.

Para a actividade de aeróbic desprazarémonos ata o Pavillón Municipal de Brión e será Crespo, monitor de Pilates no concello de Brión e cunha ampla experiencia en aeróbic e bailes de salón o que impartirá unha sesión de 2 horas ao alumnado de 2º de ESO.

Correlingua 2007

Saídas dun día
04/05/2007 - 08:35
04/05/2007 - 13:05
Etc/GMT+1

O alumnado de 3º de ESO do IES Esparís participará o vindeiro 4 de maio en Santiago de Compostela na nova edición de Correlingua, xunto con moitos outros centros da cidade e arredores.

Coordina esta actividade o Equipo de Normalización Lingüística do centro.

O lema de Correlingua deste ano é

Galegando!!


(Correndo, andando, soñando, falando...vas pola vida galegando. Vas pola vida en galego)

Para máis información, premer no seguinte enlace: http://www.correlingua.org/main.aspx


Santiago de Compostela

Obradoiro danzas do mundo e sendeirismo para 1º ESO

Saídas dun día
10/04/2007 - 07:45
10/04/2007 - 16:55
Etc/GMT+1

O Seminario de Educación Física organiza para 1º de ESO un obradoiro de danzas do mundo no Pavillón Polideportivo da Universidade de Santiago de Compostela, no Campus Sur e un roteiro desde o campus ata a falda do Monte Pedroso.

O profesorado de Educación Física do IES Esparís, Xabier e Carmen son os responsábeis desta actividade e irán acompañados pola profesora Patricia Arias.

Destacar a colaboración do alumnado de 3º ESO grupo A, que axudarán no ensino das danzas aos seus compañeiros e compañeiras de 1º.

Aeróbic no campus e visita a Tapia

Saídas dun día
20/06/2006 - 07:45
20/06/2006 - 15:00
Etc/GMT+1

O Seminario de Educación Física organiza para 2º de ESO unha saída ás intalacións deportivas da Universidade de Santiago no Campus para realizar a actividade de Aeróbic (funky, hip-hop, salsa...) e a área recreativa de Tapia (Concello de Ames) o martes 20 de xuño. A saída será desde o centro ás 8.45h. e a chegada será arredor das 16.00h.

O prezo da actividade é de 4€.

Haberá que levar:

  • Xantar.

  • Gorra ou visera.

  • Crema solar con factor de protección mínimo de 15.

  • Traxe de baño e toalla.

  • Chanclas.

Profesoras acompañantes: María, Patricia e Carmen.

Saída ao parque acuático de Cerceda

Saídas dun día
19/06/2006 - 10:30
19/06/2006 - 19:30
Etc/GMT+1

O Seminario de Educación Física organiza para os cursos 3º e 4º de ESO unha saída ao Parque Acuático de Cerceda o luns 19 de xuño. A saída será desde o centro ás 11.30h. e a chegada será arredor das 20.30h.

O prezo da actividade é de 10€ (6€ para o autobús e 4€ para a entrada ao parque).

Haberá que levar:

  • Xantar e merenda.

  • Gorra ou visera.

  • Crema solar con factor de protección mínimo de 15.

  • Traxe de baño e toalla.

  • Chanclas.

Profesoras acompañantes: María, Pilar e Carmen.


Cerceda

Galiza
Fonte XML