torneos internos

Torneos de distintos deportes, dentro ou fóra do horario da clase de E.F.

regulamento de floorball (REGLAS.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos

Este regulamento de floorball que vos propoño e que cada ano modifico, sempre pendente da Asociación Española de Floorball ou Unihockey e tamén de como o alumnado pon en práctica as novas normas, é precisamente iso, unha proposta aberta a que vós, nas vosas clases, podades adaptado e modificalo todo o que queirades.

Procurei que a súa presentación fora atractiva para o alumnado e é por iso que emprego moitos debuxos e hai pouco texto. As explicacións correrán a cargo do profesorado e tampouco hai que dalas todas xuntas, se non agardar a que xurdan situacións de dúbida no xogo e entón se poden ir introducindo novas normas ou ben complicando as xa coñecidas.

Como en todos os deportes e especialmente os de equipo, o coñecemento e cumplimento do regulamento de xogo é moi importante para estar todos e todas a practicar a mesma actividade e poder disfrutar dela, sen ter que discutir inútilmente sobre aspectos que xa están fixados previamente e que é necesario coñecer para disfrutar dese deporte.

Con ese ánimo, ofrézovos este regulamento. Que vós, profesores e profesoras, e o voso alumnado o disfrutedes.

floorball

Xogos e deportes | torneos internos

FloorballCorría o ano 1995, xa hai máis de 10 anos, e empezaba o meu cuarto curso como profesora de Educación Física. Concursei e fun con destino definitivo para o IES de Noia, actualmente chamado IES "Campo de San Alberte". Alí tiven de compañeiro de seminario a Chus que acababa de aprobar as oposicións e estaba de funcionario en prácticas. Foi el quen me introducíu no floorball como deporte alternativo, e foi neste instituto onde adquirín o primeiro equipamento para que o alumnado poidera practicar este motivador deporte.

Posteriormente tamén introducín o floorball no IES Compostela e no IES de Esparís, onde ten moita aceptación entre o alumnado.

Quizáis o que diferenza este deporte colectivo de outros é que ao ser novedoso e non existir clubes ou asociacións que practiquen en exclusiva este deporte, parece que todos os alumnos e alumnas parten do mesmo punto para a súa aprendizaxe, e ademáis é un deporte onde se integran perfectamente as chicas e os chicos.

Alguén pode pensar que, debido ao material que se usa, pode ser un deporte perigoso. Certamente toda actividade física e especialmente todo deporte e sobre todo se é de equipo e de oposición, leva consigo un risco...especialmente se non se respetan as normas e se o material e/ou as instalacións non están en bo estado. O feito de que se comproben os bastóns cada vez que se empeza a actividade de floorball e que se respeten as normas e que se poidan usar proteccións no caso dos/as porteiros/as (ou ben xoguen con bastón, que é o que fago eu habitualmente) fai que o floorball sexa un deporte seguro, ainda que sempre pode haber algún accidente.

Nos anos que levo traballando o floorball co alumnado nas clases de Educación Física, vexo que a motivación e o nivel de traballo e de esforzo son moi altos. Resulta un deporte perfectamente válido para traballar a condición física, fundamentalmente a resistencia e a velocidade. A técnica específica do floorball non se pode traballar demasiado debido ao número reducido de sesións e da táctica vaise falando sobre a marcha, porque o número de xogadores/as por equipo é reducido e a velocidade do xogo fai que todos teñan que atacar e todos teñan que defender, ainda que xa entre eles van distribuíndo algúns roles (de feito sempre hai quen se queda máis atrás, para defender e quen prefire ir sempre a atacar).

Nesta páxina sobre floorball atoparedes unha proposta de regulamento que segue en moitas cousas o regulamento da Asociación Española de Floorball ou Unihockey, pero que se pode adaptar segundo as instalacións, se se xoga nun espazo cuberto ou non, con ou sen patíns, número de xogadores/as por equipo, etc. e tamén atoparedes probas teóricas e prácticas, videos informativos sobre este deporte e enlaces de interese onde poderedes ver sesións específicas con exercicios e circuitos a realizar nas clases de Educación Física.

Espero que, se non tedes traballado o floorball nas vosas clases, vos animedes a facelo sabendo que, para que os alumnos e as alumnas disfruten deste deporte como de calquera outro, deben respetar as normas, xogar en equipo e intentar esforzarse o máximo posible. Pódovos asegurar que vos pedirán curso tras curso poder practicar o floorball nas clases, que se organicen torneos nos recreos ou que haxa un espazo para poder practicalo. E, como sabedes, o interese e a motivación do alumnado sempre hai que aproveitalo, non opinades o mesmo?

(Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).

tenis de mesa

Xogos e deportes | torneos internos

Tenis de mesa

Cada vez máis os centros de ensino dispoñemos de material axeitado para a práctica de máis deportes.

Este é o caso do tenis de mesa. O material necesario non é barato e hai que ter un sitio onde poder gardar as mesas, pero se levamos varios cursos no mesmo centro de ensino e tamén se asume este deporte como unha actividade complementaria, que se pode xogar nos recreos e en torneos internos, ao cabo duns anos poderemos contar con material suficiente para a súa práctica nas clases de Educación Física.

O tenis de mesa ou ping-pong é un deporte que require habilidade e estratexia, un alto control do esquema corporal e doutras cualidades como a observación do contrario, a colocación con respecto á mesa de xogo, a forza, as dimensións do campo, etc.

Se falamos da modalidade de dobres entramos xa nos temas transversais presentes en todo currículum e tamén en Educación Física, como poden ser a coordenación entre a parella de xogo, o recoñecemento das cualidades de cada un e o uso delas para ter o mellor resultado posible no xogo, a aprendizaxe que supón gañar unhas veces e perder outras pero sempre esforzándose ao máximo...

Moitos dos nosos alumnos e alumnas que se inician nas nosas aulas neste deporte pensan ao principio que é "aburrido" e que non se teñen prácticamente que mover para darlle á pelota coa raqueta. Cando rematan a unidade didáctica e se lles propón participar nun torneo interno, ou se lles ofrece a posibilidade de xogar nos recreos, mudan a súa opinión e descubren que é un deporte divertido no que hai que moverse e ter un alto grao de coordenación.

Eu disfruto moito co tenis de mesa e é un deporte que traballo todos os cursos do ensino secundario obrigatorio, rematando en 4º de ESO  coa modalidade de dobres e penso que ao alumnado gústalle practicalo.

(Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).

regulamento de tenis de mesa dobres (regulameto tenis de mesa dobres.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos

O regulamento de tenis de mesa na súa modalidade de dobres que vos presento aquí comprobaredes que é moi reducido, pero cumpre a función de iniciar ao alumnado neste deporte de habilidade e estratexia.

 É conveniente que, antes de comezar a xogar a modalidade de dobres, saiban xogar individualmente. Hai aspectos do regulamento de individuais e dobres que son coincidentes plenamente e que poden axudar ao alumnado para centrar a atención nos aspectos específicos desta nova modalidade de tenis de mesa, especialmente o saque, a orde no xogo entre os membros da parella e a colocación, quizáis os aspectos novedosos máis complicados de asimilar.

Tamén podedes empregalo como regulamento das competicións internas poidendo modificar o sistema de puntuación, debido a que nos recreos o tempo é limitado e non é conveniente que queden xogos á metade. Unha alternativa, nestes casos, sería un un único xogo, cambiar de lado de mesa cando leven a metade do tempo, e dar por gañador a aquela parella que máis puntos obteña, cunha diferenza de 2 puntos.

regulamento de tenis de mesa individuais (regulamento tenis de mesa individuais.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos

O regulamento de tenis de mesa na súa modalidade de individuais que vos presento aquí comprobaredes que é moi reducido, pero cumpre a función de iniciar ao alumnado neste deporte de habilidade e estratexia.

Tamén podedes empregalo como regulamento das competicións internas poidendo modificar o sistema de puntuación, debido a que nos recreos o tempo é limitado e non é conveniente que queden xogos á metade. Unha alternativa, nestes casos, sería un un único xogo, cambiar de lado de mesa cando leven a metade do tempo, e dar por gañador a aquel xogador que máis puntos obteña, cunha diferenza de 2 puntos.

acta dun partido de bádminton dobres ou mixto (acta dobres e mixto.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de acta que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir levando o cómputo dos puntos en cada xogo, que xogador ou xogadora da parella ten que sacar e desde onde, e o resultado final.

Por outro lado tamén se pode empregar para que o alumnado, á vista da acta, relate o sucedido no partido.

Por último para o alumnado é un instrumento de avalición práctica, posto que terán que saber cubrila mentres o partido de bádminton vai discurrindo.

É recomendable que cada alumno ou alumna cubra a súa acta, ainda que a parella que está anotando poda ir cotexando entre si cadansúa actas.

acta dun partido de bádminton individuais (acta de bádminton individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de acta que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir levando o cómputo dos puntos en cada xogo e o resultado final.

Por outro lado tamén se pode empregar para que o alumnado, á vista da acta, relate o sucedido no partido.

Por último para o alumnado é un instrumento de avalición práctica, posto que terán que saber cubrila mentres o partido de bádminton vai discurrindo.

Plantiña de observación dun partido de balonmán (plantiña de observacion.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de plantiña de observación que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir anotando as incidencias nun partido, é dicir, como instrumento de observación tanto dos equipos como de cada xogador ou xogadora.

Por outro lado tamén se pode empregar para que se recolla as incidencias e o resultado en partidos de competición interna no instituto.

Por último para o alumnado é un instrumento de avalición práctica, posto que terán que saber cubrila mentres o partido de balonmán vai discurrindo.

Acta de baloncesto (acta dun partido de baloncesto.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de acta que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir anotando as incidencias nun partido, é dicir, como instrumento de observación tanto dos equipos como de cada xogador ou xogadora.

Por outro lado tamén se pode empregar para que se recolla as incidencias e o resultado en partidos de competición interna no instituto.

Por último para o alumnado é un instrumento para lembrar o regulamento, incluindo os xestos do árbitro, que terán que coñecer e interpretar para reflexalos na acta.

Fonte XML