avaliación continua
acrosport_4ºB_grupopierrot_2011
Enviado por cgf o Lun, 06/06/2011 - 19:22. Xogos e deportes | avaliación continua | acrosportacrosport_4ºB_gruponegro_2011
Enviado por cgf o Lun, 06/06/2011 - 19:20. Xogos e deportes | avaliación continua | acrosportacrosport_4ºA_gruponegro_2011
Enviado por cgf o Lun, 06/06/2011 - 19:17. Xogos e deportes | avaliación continua | acrosportacrosport_4ºA_grupobranco_2011
Enviado por cgf o Lun, 06/06/2011 - 19:14. Xogos e deportes | avaliación continua | acrosportacrosport_4ºA_grupoazul_2011
Enviado por cgf o Lun, 06/06/2011 - 19:11. Xogos e deportes | avaliación continua | acrosportcuestionario de autoavaliación do alumnado (autoavaliacion.odt by Carmen García Fernández)
Enviado por cgf o Mar, 09/05/2006 - 15:03. avaliación continuaSe comparades este cuestionario de autoavaliación do alumnado co cuestionario de avaliación inicial, veredes que moitas das preguntas coinciden. Un dos aspectos que varía é que este cuestionario de autoavaliación se aplica ao remate de cada trimestre ou de cada unidade didáctica ou nos momentos ao longo do curso que o profesor ou profesora estima oportuno.
Coma sempre, non é necesario aplicar todo o cuestionario nin a todo o alumnado á vez ni un número determinado de veces ao longo do curso. Tampouco hai que facelo necesariamente por escrito. Ha de servir para que o diálogo sexa fluído en todo momento entre o profesor ou profesora e o grupo de alumnos e alumnas ou un en particular. O obxectivo é mellorar a calidade do proceso de ensino-aprendizaxe ao que tanto profesorado como alumnado temos moito que aportar.
Como elemento favorecedor deste proceso de ensino-aprendizaxe dicir que, desde a miña experiencia profesional, na medida en que o alumnado se sinta responsable e protagonista da súa aprendizaxe, éste será significativo, aprenderá máis rápido e mellor e teremos menos conflictos de disciplina, polo que o tempo de clase estará adicado aos aspectos centráis deste proceso.
ficha individual de condición física (ficha condición física.pdf by Carmen García Fernández)
Enviado por cgf o Lun, 08/05/2006 - 14:56. Condición física | avaliación continuaEsta ficha está pensada para ter información das distintas probas de condición física que cada alumno e alumna vai realizando ao longo da etapa de ESO. Para cada proba de condición física a realizar en cada curso, contémplanse dous momentos de realización, un ao comezo do curso e outro ao remate do mesmo.
Ademais inclúense outros datos como peso, estatura ou envergadura para ir observando a súa variación co paso do tempo.
Ao cotexar os resultados acadados no tempo, cada alumno e alumna ten unha ocasión para reflexionar sobre a súa evolución en cada unha das probas e ter unha pincelado sobre o seu estado de forma, tendo en conta as cualidades físicas básicas, é dicir, resistencia, flexibilidade, velocidade e forza.
ficha do alumnado cara a (ficha alumnado cara a.odt by Carmen García Fernández)
Enviado por cgf o Mér, 26/04/2006 - 10:45. avaliación continuaficha individual do alumnado
Enviado por cgf o Mér, 26/04/2006 - 10:17. avaliación continuaO profesorado de Educación Física, por ter dúas sesións semanais de clase con cada grupo, temos un elevado número de grupos, nivéis e de alumnas e alumnos.
Normalmente cada centro educativo elabora o que se chama a "Ficha do/a alumno/a", onde o profesorado vai recollendo información do proceso educativo de cada alumno/a ao longo de todo o curso. Inclúense información de tipo persoal (nome, apelidos, edade), familiar (nome dos pais e/ou titores legais, enderezo, profesión), rexistro de asistencia ás clases e un gran apartado sobre avaliación máis ou menos pormenorizado.
No caso da nosa asignatura, sempre tiven unha ficha específica e distinta en moitos aspectos da ficha elaborada polo centro. Os criterios de elaboración desta ficha responden a poder acadar un coñecemento do alumnado nos aspectos que atañen específicamente á asignatura de Educación Física.
Esta ficha modifícase todos os cursos no que respecta ao calendario e tamén en aqueles aspectos que considero non son suficientes e/ou se poden mellorar.
Quero facer unha mención especial ao que eu chamo "Historial médico". Despois de consultar con pediatras, penso que este cuestionario que teñen que cubrir e asinar os pais e/ou titores/as legairs, recolle aqueles aspectos sobre a saúde do noso alumnado que é necesario coñecer para entender o traballo de cada un deles nas nosas clases e, nos casos que se necesiten, adaptar actividades ou permitir o uso de fármacos precritos polos facultativos correspondentes. Se ledes este cuestionario, veredes que non fago referencia a determinadas enfermidades como SIDA ou hepatite, se vén é responsabilidade dos pais/nais e/ou titores/as legais informar ao centro e o centro establecer os medios para obter esta información, que sempre é confidencial.
Sería de gran axuda que me enviárais no formato que quixérades, os vosos modelos de ficha do alumnado, de cara a irnos enriquecendo mutuamente. (Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).