avaliación inicial

Cuestionarios e outras probas de avaliación inicial

cuestionario de avaliación inicial (avaliación inicial.odt by Carmen García Fernández)

avaliación inicial

Este cuestionario de avaliación inicial serve para que o profesorado teña unha idea da autoavaliación que o alumnado fai do seu traballo e dos contidos do curso anterior e, sobre todo, é un punto de partida para iniciar un diálogo antes de comezar a tratar os contidos propios da asignatura de Educación Física. Resulta especialmente útil se é a primeira vez que un profesor ou profesora traballa con un grupo ou con algún alumno ou alumna dentro do mesmo e serve igualmente de axuda se non é a primeira vez, xa que o profesor ou profesora pode contrastar a súa valoración coa do alumnado.

Non me pareceu moi oportuno deixar moitas preguntas abertas, de cara a que o alumnado non se canse á hora de cubrir o cuestionario e sabendo que só é a base para un diálogo posterior.

Poden adaptarse os baremos, as preguntas, eliminar ou incluir cuestións, ou adaptar a redacción de outras aos distintos niveis, ou ben pode contestarse en pequenos grupos e despois facer unha posta en común... Non hai unha única forma válida, depende da situación, do grupo, do grao de coñecemento, etc.

Espero que vos sirva de axuda para iniciar ou profundizar nun diálogo sempre necesario co alumnado, diálogo capaz de modificar metodoloxías, contidos, procedementos e todo o necesario para que o proceso de ensino-aprendizaxe mellore.

historial médico do alumnado (historial medico.odt by Carmen García Fernández)

avaliación inicial
Despois de ter traballado unha serie de anos como profesora da asignatura de Educación Física vexo cada vez máis necesario coñecer o estado físico de cada un dos alumnos e alumnas que temos na aula, como elemento de prevención e tamén para poder adaptar as actividades ás necesidades individuais. Tamén é importante recoller aquelas observacións que os pais e/ou titores/as legáis queran facerme ao comezo do curso, porque ás veces é necesario solicitar máis información ou aclarar determ
Fonte XML