Condición física
descrición da probas da batería EUROFIT (en pdf) (descricion probas eurofit.pdf by cgf)
Enviado por cgf o Mér, 13/12/2006 - 11:06. Condición física | probas prácticasaeróbic no campus, 2º ESO, xuño 2006
Enviado por cgf o Ven, 27/10/2006 - 14:12. Condición física | Ritmo e expresión corporal | aeróbic no Campus e xantar en Tapia. Xuño 2006, 2º ESO | saídas dun día
descrición das probas da batería EUROFIT (descricion probas.odt by cgf)
Enviado por cgf o Mar, 24/10/2006 - 07:31. Condición física | probas prácticas | saídas dun díatáboas de percentís para chicos da batería EUROFIT (TABOAS CHICOS.odt by CGF)
Enviado por cgf o Xov, 19/10/2006 - 19:32. Condición física | probas prácticastáboas de percentís para chicas da batería EUROFIT (TABOAS CHICAS.odt by cgf)
Enviado por cgf o Xov, 19/10/2006 - 19:30. Condición física | probas prácticasFicha alumnado batería EUROFIT (FICHA ALUMNADO.odt by cgf)
Enviado por cgf o Mér, 18/10/2006 - 15:55. Condición física | probas prácticas | saídas dun díaAutorización EUROFIT (autorización.odt by cgf)
Enviado por cgf o Mér, 18/10/2006 - 15:51. Condición física | probas prácticas | saídas dun díatáboas de condición física (taboas.odt by Carmen García Fernández)
Enviado por cgf o Lun, 08/05/2006 - 15:03. Condición física | avaliación da condición físicaRecollo neste arquivo os baremos para as distintas probas de condición física propostas para o alumnado de tal xeito que eles mesmos podan facer unha valoración da súa condición física en comparación co que poderíamos chamar "estándar".
Estas táboas non están adaptadas á poboación galega nin ao alumnado deste centro e éste sería un traballo a facer en colaboración con outros Seminarios, como o de Matemáticas ou o de Tecnoloxía.
Estes baremos non teñen como función clasificar ao alumnado se non que cada un deles coñeza en que percentil se atopa para cada proba de condición física para motivar o seu traballo e esforzo persoal. De ningunha maneira un alumno ou alumna recibirá unha calificación en só en función do percentil que acade nas probas de condición física ou ben calculando a "media"; hai outros factores de tipo actitudinal que estas táboas non "miden" e que son moi importantes na asignatura de Educación Física.
ficha individual de condición física (ficha condición física.pdf by Carmen García Fernández)
Enviado por cgf o Lun, 08/05/2006 - 14:56. Condición física | avaliación continuaEsta ficha está pensada para ter información das distintas probas de condición física que cada alumno e alumna vai realizando ao longo da etapa de ESO. Para cada proba de condición física a realizar en cada curso, contémplanse dous momentos de realización, un ao comezo do curso e outro ao remate do mesmo.
Ademais inclúense outros datos como peso, estatura ou envergadura para ir observando a súa variación co paso do tempo.
Ao cotexar os resultados acadados no tempo, cada alumno e alumna ten unha ocasión para reflexionar sobre a súa evolución en cada unha das probas e ter unha pincelado sobre o seu estado de forma, tendo en conta as cualidades físicas básicas, é dicir, resistencia, flexibilidade, velocidade e forza.
ficha individual do test de Cooper (ficha de resistencia do alumno.odt by Carmen García Fernández)
Enviado por cgf o Lun, 08/05/2006 - 11:55. Condición física | avaliación da condición físicaO test de Cooper é unha proba de avaliación da resistencia moi sinxela de realizar e á que os alumnos e alumnas o IES de Esparís xa están acostumbrados, posto que a realizan todos os anos.
Esta ficha individual que cada alumno e alumna terá que cubrir cos seus datos sirve para que entendan o que é unha proba de resistencia, o que se mide e como se debe realizar correctamente, á vez que reflexionan sobre esta cualidade básica.
Coa ficha cuberta por cada alumna e alumno elaboraremos unha base de datos e iremos analizando os resultados en cada curso, poidendo facer un estudo da evolución desta cualidade tendo en conta distintos parámetros como edade, sexo, curso, etc. e así poder establecer as nosas propias táboas de medición axeitadas ao alumnado que temos nas nosas aulas.