probas prácticas

Deseño do desenvolvemento dunha proba práctica dunha Unidade Didáctica

táboas de percentís para chicas da batería EUROFIT (TABOAS CHICAS.odt by cgf)

Condición física | probas prácticas
Neste arquivo atoparedes as táboas de percentís para chicas de edades comprendidas entre os 14 e os 17 anos da batería de probas EUROFIT.

Ficha alumnado batería EUROFIT (FICHA ALUMNADO.odt by cgf)

Condición física | probas prácticas | saídas dun día
Neste arquivo poderedes atopar a ficha individual que cada alumna e alumno terá que cubrir cos resultados acadado na batería EUROFIT de condición física.

Autorización EUROFIT (autorización.odt by cgf)

Condición física | probas prácticas | saídas dun día
Este arquivo é o modelo de autorización para o alumnado de 4º de ESO que vai realizar a batería EUROFIT de condición física no Pavillón Municipal de Brión, dentro das actividades complementarias que organiza o Seminario de Educación Física do IES Esparís.

acta de floorball (ACTA.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas prácticas

Este modelo de acta pode ter varias funcións:

  • servir de instrumento de observación para o profesor ou profesora;
  • servir de instrumento de observación para o alumnado, é dicir, mentres dous equipos xogan e o profesor ou profesora ou algún alumno arbitra, outros dous equipos ou persoas fan de observadoras e van anotando as distintas incidencias do partido;
  • como acta dos partidos xogados en campeonatos ou torneos internos (no caso de ser torneos externos, a acta poderíase simplicar).

O obxectivo destas actas, máis alá de reflectir un simple resultado, é comprobar o coñecemento do regulamento de xogo por parte dos alumnos ou alumnas que están anotando e o respecto dese mesmo regulamento por parte dos que están a xogar. Tamén lle sirve ao profesor ou profesora para poder revisalas na casa e comentar as incidencias do xogo co seu alumnado en sesións posteriores.

Un elemento que completaría estas actar é a gravación en video do partido, facendo unha posterior escolam o profesor ou profesora, para visionalo co alumnado e comentar o sucedido. Normalmente prodúcense debates interesante e sempre moi constructivos.

acta dun partido de bádminton dobres ou mixto (acta dobres e mixto.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de acta que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir levando o cómputo dos puntos en cada xogo, que xogador ou xogadora da parella ten que sacar e desde onde, e o resultado final.

Por outro lado tamén se pode empregar para que o alumnado, á vista da acta, relate o sucedido no partido.

Por último para o alumnado é un instrumento de avalición práctica, posto que terán que saber cubrila mentres o partido de bádminton vai discurrindo.

É recomendable que cada alumno ou alumna cubra a súa acta, ainda que a parella que está anotando poda ir cotexando entre si cadansúa actas.

acta dun partido de bádminton individuais (acta de bádminton individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de acta que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir levando o cómputo dos puntos en cada xogo e o resultado final.

Por outro lado tamén se pode empregar para que o alumnado, á vista da acta, relate o sucedido no partido.

Por último para o alumnado é un instrumento de avalición práctica, posto que terán que saber cubrila mentres o partido de bádminton vai discurrindo.

Plantiña de observación dun partido de balonmán (plantiña de observacion.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de plantiña de observación que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir anotando as incidencias nun partido, é dicir, como instrumento de observación tanto dos equipos como de cada xogador ou xogadora.

Por outro lado tamén se pode empregar para que se recolla as incidencias e o resultado en partidos de competición interna no instituto.

Por último para o alumnado é un instrumento de avalición práctica, posto que terán que saber cubrila mentres o partido de balonmán vai discurrindo.

Acta de baloncesto (acta dun partido de baloncesto.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | torneos internos | probas prácticas

Este modelo de acta que aparece no arquivo ten varias funcións.

Por un lado serve para ir anotando as incidencias nun partido, é dicir, como instrumento de observación tanto dos equipos como de cada xogador ou xogadora.

Por outro lado tamén se pode empregar para que se recolla as incidencias e o resultado en partidos de competición interna no instituto.

Por último para o alumnado é un instrumento para lembrar o regulamento, incluindo os xestos do árbitro, que terán que coñecer e interpretar para reflexalos na acta.

Circuito de baloncesto nivel avanzado (circuito2.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas prácticas
Se na vosa aula tedes alumnado que é máis habilidoso co balón de baloncesto ou xa non é a primeira vez que traballades esta unidade didáctica, podedes propoñer un circuito de habilidades básicas un pouco máis complexo, seguro que se divertirán e poñerán e suporá un reto persoal poder avanzar correndo mentres pasan o balón entre as pernas, ou conseguir canastra despois dunha entrada con reverso.

Igual que sucede co circuito de iniciación, este deseño pódese usar para traballalo por grupos e en estacións, e tamén serve de exame práctico.

Ainda que os exercicios están definidos, sempre deberá haber un espazo para a creatividade, onde cada alumno e alumna poda crear os seus propios pases, botes, tiros ou entradas a canastra.

Circuito de baloncesto nivel de iniciación (circuito1.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas prácticas
En este arquivo atoparedes o deseño dun circuito que o alumnado terá que ser capaz de realizar individualmente ou con axuda doutros alumnos. Recolle habilidades básicas como botar, entrar a canastra, pasar ou tirar. O profesorado pode usalo como un traballo de clase por grupos de 3 ou 4 alumnos e pasando por tantas estacións como actividades se plantexan no circuito. Tamén o circuito pode servir como exame práctico das habilidades básicas que o alumnado debería ter adquirido ao remate desta unidade didáctica de baloncesto.
Fonte XML