probas teóricas

Exames para valorar a comprensión teórica dos contidos

proba teórica 2 de tenis de mesa individuais (exame 2 tenis de mesa individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Esta proba teórica sobre aspectos do regulamento do tenis de mesa na súa modalidade de individuais está pensada para que o alumnado a resolva individualmente e que lles sirva com reflexión sobre aqueles aspectos do regulamento que deben saber de cara a poder xogar dun xeito fluido e respectando as normas do xogo.

Esta proba é de respostas curtas e é o alumnado quen ten que contestar ante as preguntas que se lle plantexan.

O exame é similar á outra proba de tenis de mesa individuais coa variante de que agora é o alumnado quen ten que escribir a resposta.

O profesorado deberá interpretar os resultados desta proba de cara a correxir posibles aspectos do regulamento que o alumnado non teña claros, de tal xeito que a parte práctica da unidade didáctica se poda desenvolver correctamente, sen discusións estériles debidas a un mal coñecemento das reglas deste deporte.

proba teórica 1 de tenis de mesa individuais (exame 1 tenis de mesa individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Esta proba teórica sobre aspectos do regulamento do tenis de mesa na súa modalidade de individuais está pensada para que o alumnado a resolva individualmente e que lles sirva com reflexión sobre aqueles aspectos do regulamento que deben saber de cara a poder xogar dun xeito fluido e respectando as normas do xogo.

Esta proba é tipo test, con tres posibles opcións en cada pregunta e unha soa resposta correcta. É unha proba sinxela, de rápida resposta e corrección e penso que motivadora para o alumnado, posto que o resultado sempre é moi positivo.

O profesorado deberá interpretar os resultados desta proba de cara a correxir posibles aspectos do regulamento que o alumnado non teña claros, de tal xeito que a parte práctica da unidade didáctica se poda desenvolver correctamente, sen discusións estériles debidas a un mal coñecemento das reglas deste deporte.

Proba teórica sobre o video de baloncesto 3x3 (test video baloncesto 3x3.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Aquelas profesoras e profesores que traballaran nas súas clases durante estes cursos pasados a modalidade de baloncesto 3x3, irían recibindo cada curso material de apoio para organizar as súas clases.

Un dos materiais ofrecidos hai dous cursos foi un video de presentación do baloncesto 3x3 onde se misturaban aspectos de regulamento, de técnica e situacións de xogo real.

Os medios adiovisuais son moi atraintes para o alumnado e centran a súa atención, sen que isto supoña que suplan o papel clarificador ou de insistencia en determinados aspectos que ten que cumplir o profesorado.

Esta actividade teórica cumple a función de facer fincapé naqueles aspectos nucleares que presenta o video e que o alumnado ten que ter claros ao remate da súa visión.

Pode ser conveniente que teñan o cuestionario antes de ver o video e, deste xeito, non se xenera ansiedade e se centra a atención nos aspectos que son importantes, deixando que poda disfrutar daqueles máis vistosos e que atraen a súa atención.

Proba sobre as diferenzas entre baloncesto e baloncesto 3x3 (diferenzas baloncesto e baloncesto 3x3.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

É importante que o alumnado coñeza e saiba distinguir o que de común e de diferente teñen o baloncesto e o baloncesto 3x3, na teoría e na práctica.

Este é o obxectivo que quere cumplir esta actividade que, desde o meu punto de vista, non debe ser empregada en situación de exame, senón como reflexión sobre os regulamentos dos dous deportes de cara a que o alumnado os entenda e, deste xeito, poda aplicalos correctamente en cada situación.

Exame teórico de baloncesto 3x3 (exame teórico baloncesto 3x3.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Esta é unha proba escrita para comprobar que o alumnado sabe, entende e sabe aplicar o regulamento desta modalidade de baloncesto.

Unha vez teño que insistir en que este tipo de probas serven para correxir erros que o alumnado poda ter no seu proceso de aprendizaxe e de cara a modificar ou insistir naqueles aspectos que podan axudar a correxilos.

exame teórico de bádminton dobres e mixto (exame de dobres e mixto.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Propoño unha proba teórica para comprobar o grao de entendemento do regulamento de bádminton na modalidade de dobres e mixto.

Posto que esta modalidade do bádminton é en parellas, ben masculinas, femininas ou mixtas, este exame pódese realizar en parellas ou ben individualmente pero despois cotexándoo coa parella. Deste xeito penso que se favorece que se poñan de acordo antes de xogar xuntos ou xuntas os partidos de bádminton.

O obxectivo desta proba é que o alumnado reflexione sobre esta modalidade de bádminton, recoñeza os seus erros e os corrixa de cara a poder aplicar correctamente o regulamento no xogo real.

exame teórico de bádminton individual (exame de bádminton individual.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Propoño unha proba teórica para comprobar o grao de entendemento do regulamento de bádminton na modalidade de individual feminino e masculino.

O obxectivo desta proba é que o alumnado reflexione sobre esta modalidade de bádminton, recoñeza os seus erros e os corrixa de cara a poder aplicar correctamente o regulamento no xogo real.

Exame teórico de balonmán II (exame de balonmán 2.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Este é unha proba escrita sobre aspectos teóricos do balonmán un pouco máis complexos.

O alumnado necesitará coñecer os xestos básicos que empregan os árbitros nos partidos e reflexionar sobre o significado dos mesmos, de tal xeito que teñen que ser capaces de poñer exemplos de situaciones do xogo nas que o árbitro ten que facer ese xesto.

Como vedes, esta proba teórica pode complementar ao exame de balonmán 1 ou ben ir destinada a un alumnado de máis edade ou que non é a primeira vez que traballa esta unidade didáctica nas clases de Educación Física.

Exame teórico de balonmán I (exame de balonmán 1.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Neste arquivo atoparás unha sinxela proba escrita para comprobar se o alumnado coñece os aspectos básicos sobre regulamento de balonmán.

A importancia deste tipo de probas é que nós, as profesoras e profesores, saibamos se os aspectos teóricos fundamentais deste deporte están correctamente asimilados polo noso alumnado e poder correxir aqueles que son erróneos.

Exame teórico de baloncesto II (exame2.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Este exame é máis complexo que o exame de baloncesto I.

Segundo o nivel no que se traballara a unidade didáctica de baloncesto, servirá como complemento ao exame I ou ben, se o profesor ou profesora considera que os contidos mínimos están acadados, como un exame único.

Como aparecen fotos ou debuxos dos xestos dos árbitros, o profesor ou profesora terá que estar disposto a executar aqueles xestos nos que o alumnado teña dúbida, posto que os xestos son dinámicos mentres que as fotos ou debuxos son estáticos e ás veces non están moi claros.

Fonte XML