probas teóricas

Exames para valorar a comprensión teórica dos contidos

IES de Brión. Acrosport. 3º ESO B Bilingüe. 20 xuño 2019

Ritmo e expresión corporal | acrosport | probas teóricas

IES de Brión."Canadian Barn Dance", 4º ESO-A. Maio, 2013

Ritmo e expresión corporal | danzas | probas teóricas

cuestionario 1 sobre voleibol (proba de voleibol 1.odt by cgf)

Xogos e deportes | probas teóricas
Podedes usar este cuestionario como autoavaliación do voso alumnado ou para comprobar o grao de entendemento que teñen sobre o regulamento básico de voleibol.

exame de bádminton individuais (exame de individuais.odt by cgf)

Xogos e deportes | probas teóricas
Este arquivo é un cuestionario sobre o regulamento de bádminton na súa modalidade de individuais que o alumnado pode contestar por escrito ou enviar por correo electrónico como un arquivo adxunto.

exame teórico de bádminton dobres e mixto (exame de dobres e mixto.odt by cgf)

Xogos e deportes | probas teóricas
Este pode ser un modelo de exame teórico, para comprobar se o alumnado entende o regulamento desta modalidade de bádminton. Insístese especialmente no saque e no xogo real, de aí o suposto práctico que aparece ao remate da proba.

proba teórica de resistencia (exame resistencia.odt by Carmen García Fernández)

Condición física | probas teóricas

De cara a comprobar o grao de entendemento dos conceptos explicados sobre a resistencia, podemos realizar un exercicio escrito ou ben oral facendo fincapé naqueles aspectos centrais desta cualidade física básica.

Esta proba teórica está baseada nos apuntes sobre resistencia entregados ao alumnado e traballados e explicados na clase. O seu obxectivo non é poñer unha calificación a cada alumna e alumno, se non que o profesor ou profesora saiba se o seu alumnado entendeu o fundamental desta cualidade e, no caso contrario, poder propoñer outras actividades que sirvan para cumplir este obxectivo.

proba teórica 2 sobre floorball (exame 2 floorball.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

De cara a comprobar a comprensión do alumnado sobre o regulamento de floorball, propónovos outra proba teórica.

Xa sabedes que o importante é ver cales son os fallos de cada un dos nosos alumnos e alumnas de cara a podelos falar e que, a súa boa comprensión, repercuta nunha mellor práctica deste divertido deporte.

A resolución desta proba pode ser individual ou colectiva, o criterio sempre é o do profesor ou profesora e segundo os obxectivos establecidos ao principio da unidade didáctica.

Espero que vos sirva e, xa sabedes, podedes facer todas as modificacións que vos parezan oportunadas para adaptalo ao voso xeito de traballar o floorball co voso alumnado.

proba teórica 1 sobre floorball (exame 1 floorball.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

De cara a comprobar a comprensión do alumnado sobre o regulamento de floorball, propónovos esta proba teórica.

Como xa teño dito noutras ocasións, o importante é ver cales son os fallos de cada un dos nosos alumnos e alumnas de cara a podelos falar e que, a súa boa comprensión, repercuta nunha mellor práctica deste divertido deporte.

Espero que vos sirva e, xa sabedes, podedes facer todas as modificacións que vos parezan oportunadas para adaptalo ó voso xeito de traballar o floorball co voso alumnado.

proba teórica 2 de tenis de mesa dobres (exame 2 de tenis de mesa dobres.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Neste arquivo atoparedes unha proba teórica sobre unha situación real de xogo hun partido de tenis de mesa na súa modalidade de dobres.

É conveniente que o profesor ou profesora solucione todas as dúbidas que lle plantexe o alumnado segundo vai lendo esta proba, posto que pode haber algún que teña máis problemas á hora de situarse nun suposto teórico.

O importante é que os aspectos máis complexos do regulamento de tenis de mesa estean claros e entendidos por parte do alumnado e se podan resolver todas as dúbidas que cada un poda ter de cara a unha mellor práctica.

Esta proba teórica pode poñerse a continuación da proba número 1 ou ailladamente, dependendo do criterio do profesor ou profesora.

proba teórica 1 de tenis de mesa dobres (exame 1 tenis de mesa dobres.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Neste arquivo atoparedes unha proba teórica moi sinxela sobre o regulamento de tenis de mesa na súa modalidade de dobres.

As preguntas son tipo test, con tres opcións de resposta e só unha correcta que o alumnado deberá identificar e sinalar.

Recomendo que se complemente esta proba coa número 2, onde o alumnado ten que situarse nun caso real de xogo e terá que ir contestando ás preguntas que se lle plantexan tendo en conta o regulamento da modalidade de dobres.

Fonte XML