logo
Publicado en maniotas (http://maniotas.cesga.es)

ficha individual do alumnado

Por cgf
Creado en 26/04/2006 - 10:17

FichaO profesorado de Educación Física, por ter dúas sesións semanais de clase con cada grupo, temos un elevado número de grupos, nivéis e  de alumnas e alumnos.

Normalmente cada centro educativo elabora o que se chama a "Ficha do/a alumno/a", onde o profesorado vai recollendo información do proceso educativo de cada alumno/a ao longo de todo o curso. Inclúense información de tipo persoal (nome, apelidos, edade), familiar (nome dos pais e/ou titores legais, enderezo, profesión), rexistro de asistencia ás clases e un gran apartado sobre avaliación máis ou menos pormenorizado.

No caso da nosa asignatura, sempre tiven unha ficha específica e distinta en moitos aspectos da ficha elaborada polo centro. Os criterios de elaboración desta ficha responden a poder acadar un coñecemento do alumnado nos aspectos que atañen específicamente á asignatura de Educación Física.

Esta ficha modifícase todos os cursos no que respecta ao calendario e tamén en aqueles aspectos que considero non son suficientes e/ou se poden mellorar.

Quero facer unha mención especial ao que eu chamo "Historial médico". Despois de consultar con pediatras, penso que este cuestionario que teñen que cubrir e asinar os pais e/ou titores/as legairs, recolle aqueles aspectos sobre a saúde do noso alumnado que é necesario coñecer para entender o traballo de cada un deles nas nosas clases e, nos casos que se necesiten, adaptar actividades ou permitir o uso de fármacos precritos polos facultativos correspondentes. Se ledes este cuestionario, veredes que non fago referencia a determinadas enfermidades como SIDA ou hepatite, se vén é responsabilidade dos pais/nais e/ou titores/as legais informar ao centro e o centro establecer os medios para obter esta información, que sempre é confidencial.

Sería de gran axuda que me enviárais no formato que quixérades, os vosos modelos de ficha do alumnado, de cara a irnos enriquecendo mutuamente. (Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).


Fonte URL:
http://maniotas.cesga.es/node/99