proba teórica 1 de tenis de mesa individuais (exame 1 tenis de mesa individuais.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Esta proba teórica sobre aspectos do regulamento do tenis de mesa na súa modalidade de individuais está pensada para que o alumnado a resolva individualmente e que lles sirva com reflexión sobre aqueles aspectos do regulamento que deben saber de cara a poder xogar dun xeito fluido e respectando as normas do xogo.

Esta proba é tipo test, con tres posibles opcións en cada pregunta e unha soa resposta correcta. É unha proba sinxela, de rápida resposta e corrección e penso que motivadora para o alumnado, posto que o resultado sempre é moi positivo.

O profesorado deberá interpretar os resultados desta proba de cara a correxir posibles aspectos do regulamento que o alumnado non teña claros, de tal xeito que a parte práctica da unidade didáctica se poda desenvolver correctamente, sen discusións estériles debidas a un mal coñecemento das reglas deste deporte.