Proba teórica sobre o video de baloncesto 3x3 (test video baloncesto 3x3.pdf by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes | probas teóricas

Aquelas profesoras e profesores que traballaran nas súas clases durante estes cursos pasados a modalidade de baloncesto 3x3, irían recibindo cada curso material de apoio para organizar as súas clases.

Un dos materiais ofrecidos hai dous cursos foi un video de presentación do baloncesto 3x3 onde se misturaban aspectos de regulamento, de técnica e situacións de xogo real.

Os medios adiovisuais son moi atraintes para o alumnado e centran a súa atención, sen que isto supoña que suplan o papel clarificador ou de insistencia en determinados aspectos que ten que cumplir o profesorado.

Esta actividade teórica cumple a función de facer fincapé naqueles aspectos nucleares que presenta o video e que o alumnado ten que ter claros ao remate da súa visión.

Pode ser conveniente que teñan o cuestionario antes de ver o video e, deste xeito, non se xenera ansiedade e se centra a atención nos aspectos que son importantes, deixando que poda disfrutar daqueles máis vistosos e que atraen a súa atención.