regulamento de baloncesto 3x3 (regulamento.odt by Carmen García Fernández)

Xogos e deportes

Este regulamento está recollido do material enviado pola Federación Española de Baloncesto durante estes cursos pasados co gallo de intentar achegar a práctica do baloncesto aos centros de ensino.

O regulamento de baloncesto 3x3 foi sufrindo modificacións, que aparecen reflectidas e que responden á necesidade de facer desta modalidade de baloncesto un deporte áxil, no que non haxa demasiadas interrupcións para que o tempo de xogo se aproveite ao máximo, pero tamén tendo en conta que hai que respectar as normas do xogo.

Recoñeceredes que as normas básicas son as mesmas que no baloncesto 5 contra cinco, adaptadas ao terreo de xogo e ao número de xogadores e sempre coa intención de que o xogo discurra polo camiño das boas maneiras e a deportividade.

Son poucas normas pero moi claras e serven de referente para o coñecemento que tamén teñen que ter do baloncesto.