logo
Publicado en maniotas (http://maniotas.cesga.es)

baloncesto

Por cgf
Creado en 28/03/2006 - 08:35

BaloncestoO baloncesto é un deporte que está totalmente integrado no curriculum da Educación Física e mesmo na sociedade.

Hai que destacar, sen dúbida, o apoio que ao baloncesto escolar vén dando a Federación Española de Baloncesto [1] e, aquí en Galicia, a Federación Galega de Baloncesto [2], a través do seu programa escolar "Baloncesto 3x3", que empezou a funcionar hai uns poucos anos, e que foi conseguindo que cada vez máis centros educativos colaboraran no desenvolvemento deste programa. Desde o meu punto de vista, en tanto que docente participante neste programa desde o seus comezos,  pretendía ser unha aposta polo baloncesto de base, tendo como espello e referente a importancia que cada vez máis lle están a dar os medios de comunicación a determinados xogadores de baloncesto e ao deporte en xeral.

Valores como o traballo en equipo, o coñecemento e respecto ás reglas como aspecto importante para o bo desenvolvemento do xogo, o afán de superación persoal sempre primando o interese do xogo conxunto, a participación do alumnado respectando as características de cada un...son aspectos que se traballan desde este deporte.

Ver como o alumnado vai progresando desde non saber practicamente botar ou colocarse correctamente para tirar a canastra, ata formar os seus propios equipos para xogar nos recreos ou participar en torneos internos do centro ou nos de "baloncesto 3x3 [3]", vivindo cada partido e esforzándose ao máximo. Ver como se saúdan os xogadores de cada equipo ao remate do partido e as amistades que fan cada vez que imos a un torneo, compensan o tempo de traballo e os esforzos no ensino deste deporte.

Teño que dicir que eu xoguei a baloncesto durante moitos anos. Comecei con 8 anos grazas a ANPA do colexio onde eu estudiaba en Xixón (Asturies) que contratrou a un entrenador de baloncesto dúas tardes á semana, como actividade extraescolar. Despois decidín convertirme en entrenadora de equipos de minibaloncesto, cando xa estaba no instituto. O mesmo fixeron as miñas compañeiras de equipo e, realmente, foi unha época dourada, con moito público nos partidos e a ilusión posta en cada entrenamento e en cada partido.

Espero saber transmitir ao meu alumnado esa afección que vivín e que ainda comparto por este deporte.

(Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org [4]).


Fonte URL:
http://maniotas.cesga.es/node/48