Non creo que descubra nada novo se afirmo que o bádminton, nas súas modalidades de individual masculino e feminino, dobres e mixto é un dos deportes que mellor acollida ten entre o noso alumnado.
O seus regulamentos e exames teóricos nas modalidades antes indicadas aparecen nos arquivos adxuntos, que podes descargar e/ou modificar segundo o nivel das alumnas e alumnos e/ou os obxectivos que cada profesor e profesora teña marcados na súa programación.
Tamén inclúo os solucionarios de cada exame e dous modelos de actas para partidos de individuais e dobres, que poden resultar útiles para organizar torneos dentro de cada clase ou ben en todo o centro.
Deixo a criterio de cada profesor e profesora a elección de cada modalidade segundo o nivel. No meu caso concreto, como podedes ver na programación, no primeiro ciclo de secundaria introduzo os deportes de raqueta, para en 3º traballar especificamente o bádminton individual feminino e masculino e en 4º o bádminton de dobres e mixto. O regulamento de dobres pode resultar un pouco difícil de entender para o alumnado, pero penso que co exemplo que aparece desenvolto no regulamento vai ser doado de entender, ou iso é o que teño comprobado na práctica.
Para rematar, inclúo enlaces a páxinas web que a min me parecen de interese para nós, como docentes, onde se poden atopar desde os regulamentos completos, pasando por exercicios de estiramento específicos para o bádminton ou sesións para ir desenvolvendo nas horas de clase ou nas escolas de bádminton.
(Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).
- regulamento novo bádmiton individuais
- regulamento novo bádminton dobres e mixto
- orde no saque en bádminton dobres
- exame de bádminton individuais
- exame teórico de bádminton dobres e mixto
- acta dun partido de bádminton individuais
- acta dun partido de bádminton dobres e mixto
- acta cuberta dun partido de bádminton dobres e mixto