O Seminario de Educación Física do IES de Brión incorpora á súa programación o nivel de 1º de Bacharelato que se imparte por primeira vez no centro. A súa redacción ten en conta a nova lexislación, o Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén incorpora modificacións para os niveis de 2º e 4º de ESO tendo en conta a lexislación vixente. No curso pasado modificáronse os niveis de 1º e 3º.