O voleibol é un deporte que xa se leva practicando nas escolas desde hai tempo e que está totalmente introducido nas programacións de Educación Física. O manexo do balón e o feito de non haber contacto entre os xogadores dos dous equipos fai que este deporte sexa axeitado para o traballo nas clases. Ademais tamén se poden utilizar distintos móbiles (globos, balóns de goma espuma, balóns brandos...) de cara a adaptalo ao nivel de destreza, edade, etc. do grupo.
De seguido preséntovos o regulamento elaborado por min para un coñecemento básico deste deporte, que na programación aparece en 3º de ESO. Neste regulamento o alumnado pode achegarse, dun xeito sinxelo, a aquelas normas fundamentais para poder practicar o voleibol.
Tamén hai uns cuestionarios que se poden usar tanto de autoavaliación por parte do alumnado como de comprobación para o profesorado do grao de entendemento que o alumnado ten deste deporte.
Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).