O Seminario de Educación Física organiza un circuito de pistas polo entorno do Instituto. O circuito ten unha duración de 3 sesións e teñen que facelo en grupos de 5-7 persoas. Ademais de facer exercicio, este tipo de circuito pon a proba a capacidade de orientación, posto que teñen que atopar as probas seguindo un mapa, o seu sentido do humor e os coñecementos do grupo.
Esta actividade xa é típica nestas datas e é unha das máis solicitadas polo alumnado. Non faltarán os xogos de auga, se o tempo acompaña.
Curso: 3º ESO A e B
Esparís
Brión