Obradoiro danzas do mundo e sendeirismo para 1º ESO

Saídas dun día
10/04/2007 - 07:45
10/04/2007 - 16:55
Etc/GMT+1

O Seminario de Educación Física organiza para 1º de ESO un obradoiro de danzas do mundo no Pavillón Polideportivo da Universidade de Santiago de Compostela, no Campus Sur e un roteiro desde o campus ata a falda do Monte Pedroso.

O profesorado de Educación Física do IES Esparís, Xabier e Carmen son os responsábeis desta actividade e irán acompañados pola profesora Patricia Arias.

Destacar a colaboración do alumnado de 3º ESO grupo A, que axudarán no ensino das danzas aos seus compañeiros e compañeiras de 1º.

A saída será desde o instituto ás 8.45h. e o regreso será ás 17.55h. para que o alumnado poda coller o transporte escolar de regreo ás súas casas.