Iniciación á capoeira

Espectáculos
29/01/2007 - 07:45
05/02/2007 - 09:25
Etc/GMT+1

O seminario de Educación Física organiza tres sesións de hora e media de capoeira para o alumnado de 4º de ESO.

As dúas primeiras sesións serán os luns, 29 de xaneiro e 5 de febreiro en horario de 8.45h. a 10.25h. no ximnasio do instituto. A terceira sesión está aínda por determinar.

Contaremos co mestre brasileiro de capoeira "Modelo", que imparte clases en distintas asociacións, institutos e colectivos como no Multiusos de Sar, o IES Xelmírez I ou o IES de Bertamiráns.

Para máis información, consultar os arquivos adxuntos.