calendario anual curso 2006/2007 (anual0607.pdf)

Este calendario está confeccionado tendo en conta a Orde 5 de maio de 2006 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2006/2007, nos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 25 de maio de 2006) e tamén os festivos locais en Brión. Falta por colocar un festivo que ten que elexir o instituto, posto que no ano 2007 o Día das Letras Galegas coincide coa Ascensión, festivo local en Brión. Actualizarei o calendario en canto se decida esta data no centro.