Festa fin de curso: Bailes e música en directo, finais de brilé e futbol sala e exhibición de capoeira

Espectáculos | Torneos internos
23/06/2006 - 08:45
23/06/2006 - 12:00
Etc/GMT

O venres 23 de xuño e co gallo de celebrar dun xeito lúdico-festivo o derradeiro día de clases deste curso 2005-2006, teremos as finais dos torneos de brilé e futbol sala, amenizadas con bailes e música en directo por parte do alumnado do instituto e, como fin de festa, unha exhibición de capoeira que busca a participación activa do alumnado.

Estas actividadades serán no instituto entre as 8.45h e as 12.00h. aproximadamente.