cuestionario de autoavaliación do alumnado (autoavaliacion.odt by Carmen García Fernández)

avaliación continua

Se comparades este cuestionario de autoavaliación do alumnado co cuestionario de avaliación inicial, veredes que moitas das preguntas coinciden. Un dos aspectos que varía é que este cuestionario de autoavaliación se aplica ao remate de cada trimestre ou de cada unidade didáctica ou nos momentos ao longo do curso que o profesor ou profesora estima oportuno.

Coma sempre, non é necesario aplicar todo o cuestionario nin a todo o alumnado á vez ni un número determinado de veces ao longo do curso. Tampouco hai que facelo necesariamente por escrito. Ha de servir para que o diálogo sexa fluído en todo momento entre o profesor ou profesora e o grupo de alumnos e alumnas ou un en particular. O obxectivo é mellorar a calidade do proceso de ensino-aprendizaxe ao que tanto profesorado como alumnado temos moito que aportar.

Como elemento favorecedor deste proceso de ensino-aprendizaxe dicir que, desde a miña experiencia profesional, na medida en que o alumnado se sinta responsable e protagonista da súa aprendizaxe, éste será significativo, aprenderá máis rápido e mellor e teremos menos conflictos de disciplina, polo que o tempo de clase estará adicado aos aspectos centráis deste proceso.