táboas de condición física (taboas.odt by Carmen García Fernández)

Condición física | avaliación da condición física

Recollo neste arquivo os baremos para as distintas probas de condición física propostas para o alumnado de tal xeito que eles mesmos podan facer unha valoración da súa condición física en comparación co que poderíamos chamar "estándar".

Estas táboas non están adaptadas á poboación galega nin ao alumnado deste centro e éste sería un traballo a facer en colaboración con outros Seminarios, como o de Matemáticas ou o de Tecnoloxía.

Estes baremos non teñen como función clasificar ao alumnado se non que cada un deles coñeza en que percentil se atopa para cada proba de condición física  para motivar o seu traballo e esforzo persoal. De ningunha maneira un alumno ou alumna recibirá unha calificación en só en función do percentil que acade nas probas de condición física ou ben calculando a "media"; hai outros factores de tipo actitudinal que estas táboas non "miden" e que son moi importantes na asignatura de Educación Física.