ficha individual de condición física (ficha condición física.pdf by Carmen García Fernández)

Condición física | avaliación continua

Esta ficha está pensada para ter información das distintas probas de condición física que cada alumno e alumna vai realizando ao longo da etapa de ESO. Para cada proba de condición física a realizar en cada curso, contémplanse dous momentos de realización, un ao comezo do curso e outro ao remate do mesmo.

Ademais inclúense outros datos como peso, estatura ou envergadura para ir observando a súa variación co paso do tempo.

Ao cotexar os resultados acadados no tempo, cada alumno e alumna ten unha ocasión para reflexionar sobre a súa evolución en cada unha das probas e ter unha pincelado sobre o seu estado de forma, tendo en conta as cualidades físicas básicas, é dicir, resistencia, flexibilidade, velocidade e forza.