O test de Cooper é unha proba de avaliación da resistencia moi sinxela de realizar e á que os alumnos e alumnas o IES de Esparís xa están acostumbrados, posto que a realizan todos os anos.
Esta ficha individual que cada alumno e alumna terá que cubrir cos seus datos sirve para que entendan o que é unha proba de resistencia, o que se mide e como se debe realizar correctamente, á vez que reflexionan sobre esta cualidade básica.
Coa ficha cuberta por cada alumna e alumno elaboraremos unha base de datos e iremos analizando os resultados en cada curso, poidendo facer un estudo da evolución desta cualidade tendo en conta distintos parámetros como edade, sexo, curso, etc. e así poder establecer as nosas propias táboas de medición axeitadas ao alumnado que temos nas nosas aulas.