Todos nós sabemos o importante que é ter unha boa condición física, non só en referencia á práctica dun deporte senon para a vida diaria.
Podemos estar de acordo con Clarke (1967) cando di que por condición física entendemos "a habilidade de realizar un traballo diario, con vigor e efectividade, retardando a aparición da fatiga, realizándoo co menor gasto enerxético e evitando lesións".
Hai unidades didácticas destinadas específicamente a iniciar ao alumnado no traballo específico dunha cualidade física básica e así as sesións de resistencia, forza, flexibilidade e velocidade están presentes na programación de Educación Física en distintos momentos da ESO pero, sen dúbida, calquera actividade que plantexemos nas clases de Educación Física terá como obxectivo directo ou indirecto o traballo e, como consecuencia, a mellora da condición física.
Ao longo da miña vida profesional fun vendo que era moi importante coñecer o punto de partida de cada alumno e alumna no que fai referencia á súa condición física. É por iso que nesta páxina atoparedes probas de condición física que emprego co meu alumnado cada ano e outro tipo de materiais de apoio para o traballo tanto teórico como práctico das cualidade físicas.
O resultado destas probas de condición física non sirve para clasificar ao alumnado, para ordealo ou para poñerlles unha calificación. Sabendo, como xa establezo na programación, que a avaliación é con respecto a cada alumno/a, e tendo en conta que o Seminario de Educación Física ten ao alumnado durante un mínimo de catro cursos académicos, podemos ir vendo a súa evolución e establecer o rendemento que cada alumno e alumna poderá ter nas distintas unidades didácticas que vaiamos traballando ao longo da ESO.
O máis importante, desde o meu punto de vista, é favorecer desde a asignatura de Educación Física o desenvolvemento da condición física como punto de partida para mellorar a saúde en xeral, de tal xeito que o alumnado de secundaria poda participar nas actividades físico-deportivas que se plantexan para esta etapa e sexa consciente da importancia de hábitos de vida saúdables.
Espero que os materiais que vos ofrezo nesta páxina sirvan de axuda para o traballo nas aulas da condición física.
Nota: A extensión .odt dos arquivos adxuntos ábrese co programa OpenOffice, unha suite ofimática libre e gratuita. Se non o tés, podes descargalo gratuitamente en es.openoffice.org).
- apuntes de resistencia
- apuntes de flexibilidade
- proba teórica de resistencia
- proba teórica de flexibilidade
- ficha individual do test de Cooper
- ficha individual de condición física
- táboas de condición física
- descrición das probas da batería EUROFIT
- descrición da probas da batería EUROFIT (en pdf)
- Ficha alumnado batería EUROFIT
- táboas de percentís para chicas da batería EUROFIT
- táboas de percentís para chicos da batería EUROFIT