A indiaca ofrécenos a posibilidade de ensinar ao noso alumnado un novo xogo cun elemento tamén novedoso para eles, que é precisamente a indiaca.
Varios son os obxectivos que persigo co traballo nas clases deste xogo recreativo, que tamén pode ser de competición se así o desexamos:
- introducir o regulamento básico do bádminton, deporte que practicarán en cursos sucesivos;
- traballar a condición física , especialmente a resistencia aeróbica e a velocidade de reacción;
- desenvolver a coordinación óculo-manual;
- mellorar a percepción espacial para ter sempre a mellor situación na pista de bádminton;
- acadar transferencias positivas a deportes como o bádminton, as palas e o voleibol;
- favorecer a coordinación coa parella e o traballo cooperativo;
- traballar a lateralidade, de tal xeito que se favoreza o lado forte pero tamén o desenvolvemento do lado débil;
- reforzar o respecto polas normas por riba do resultado.
Podedes engadir á lista anterior todos aqueles obxectivos que vos parezan axeitados e que vós mesmos traballades nas vosas clases co voso alumnado.